Rueda destaca o gran labor do persoal dos servizos de saúde en favor da sociedade galega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta a boa situación da Sanidade galega
  • Recorda a importancia de seguir investindo en investigación e medios
  • Dá a súa noraboa aos galardoados e agradécelle á asociación o seu labor

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o gran labor do persoal dos servizos de saúde en favor de toda a sociedade galega.

Así o sinalou hoxe durante a súa intervención na gala dos Premios Novoa Santos no Pazo de Fonseca, organizadas pola Asociación Asomega e que este ano celebraban a súa XXIII edición. Nela a doutora Luz Couce foi elixida gañadora polo xurado, e ela designou á Fundación Andrea e a Rosaura Picáns como os outros merecedores do premio.

Na súa intervención, o presidente do executivo galego falou da boa situación da Sanidade da nosa comunidade, salientando que Galicia conta co calendario de vacinación más completo de mundo e que é a única comunidade autónoma que aposta por consolidar prazas coa categoría profesional de persoal investigador.

Ao mesmo tempo, recordou que é importante non conformarse con iso, senón seguir investindo en investigación e nos medios que fagan falta. Neste sentido, destacou que nos orzamentos deste ano triplicáronse os fondos para investigación con respecto ao ano pasado, e anunciou que nesta lexislatura incorporaranse novas patoloxías ao programa de cribado neonatal.

Ao final da súa intervención, Rueda quixo dar a noraboa aos galardoados na noite de hoxe, así como agradecer a Asomega o seu labor desinteresado. A todos eles deulles os parabéns por ser partícipes de maneira tan salientable do obxectivo común de coidar as persoas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23879 {"title":"Rueda destaca o gran labor do persoal dos servizos de saúde en favor da sociedade galega","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887196\/240426_Pte_Sanidade_Asomega_DCS-01.jpg","id":"23879"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23879-rueda-destaca-gran-labor-do-persoal-dos-servizos-saude-favor-da-sociedade-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.