Román Rodríguez avoga polo impulso da ciencia e a innovación tras a integración de GAIN en educación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro preside a toma de posesión de Carmen Cotelo como nova directora da Axencia Galega de Innovación, que se compromete a aproveitar "todo o potencial de talento e coñecemento" para facer de Galicia "un referente de I+D+i". 

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, avoga polo impulso da ciencia e a innovación como "unha oportunidade de futuro" para Galicia. Así o sinalou esta mañá  con motivo da toma de posesión de Carmen Cotelo Queijo como directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) dentro do organigrama da Consellería, de quen destacou o seu coñecemento nesta área avalado pola súa traxectoria profesional.

Nesta nova lexislatura que acaba de comezar, o titular de Educación expresou que o seu departamento vai traballar para reforzar a cooperación entre o eido educativo e o empresarial co fin de avanzar no coñecemento aplicado á mellora social "buscando ser útiles para á ciencia, á investigación, aos sectores produtivos, á sociedade e, en definitiva, a Galicia". Tamén aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo desenvolvido ata o de agora á fronte da Axencia por Patricia Argerey -presente no acto- e o seu equipo, polo traballo levado a cabo nos últimos anos. 

Pola súa banda, a nova directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, comprometeuse a traballar para aproveitar "todo o potencial de talento e coñecemento" que existe para posicionar a Galicia "como un referente de I+D+i".  

Currículo da nova directora

A directora do GAIN é licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, na que tamén obtivo o doutorado na área de Computación. Iniciou a súa traxectoria profesional no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) no ano 1999, onde desenvolveu actividades de carácter científico, técnico e de xestión, principalmente no marco de proxectos de I+D+i rexionais, estatais e europeos.

En 2018 incorporouse á Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) para traballar na área de Innovación e Programas Europeos, da que foi directora adxunta, colaborando estreitamente coas Universidades, Centros Tecnolóxicos, empresas e organismos públicos, galegos e de toda Europa para a captación de financiación pública e o desenvolvemento de estratexias. Neste contexto, contribuíu á formación de máis 200 consorcios e ao desenvolvemento de máis de 30 proxectos de I+D+i europeos.

Desde 2023 desempeñou o cargo de directora de innovación no Centro Internacional de Cuántica de Fujitsu, traballando no establecemento de colaboracións a nivel galego, español e europeo, co obxectivo de posicionar a Galicia como un referente en computación cuántica e acelerar a adopción destas tecnoloxías mediante a colaboración público-privada.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23875 {"title":"Román Rodríguez avoga polo impulso da ciencia e a innovación tras a integración de GAIN en educación","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/86274-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23875"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23875-roman-rodriguez-avoga-polo-impulso-da-ciencia-e-innovacion-integracion-gain-educacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.