As alumnas de 'Muxía en órbita', do Instituto Ramón Caamaño, representarán a Galicia na fase nacional do programa de satélites da Axencia Espacial Europea

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Centro Integrado de FP Compostela acolleu a presentación de resultados dos 23 equipos participantes na fase galega de Cansat
  • O proxecto consiste nun satélite cun paracaídas feito de encaixe de Camariñas

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

As alumnas do equipo Muxía en órbita, do Instituto IES Ramón Caamaño, alzáronse hoxe gañadoras da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024 cun satélite con paracaídas feito de encaixe de Camariñas. Como tal, representarán a Galicia na fase nacional do certame.

O Centro Integrado de FP Compostela acolleu a presentación de resultados dos 23 equipos participantes neste concurso, no que tomaron parte máis de 140 alumnos de 19 colexios e institutos. O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, asistiu ao acto e felicitou a todos os participantes polos seus satélites, que puxeron a proba o pasado martes no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. Animounos, así mesmo, a seguir interesándose por este tipo de retos tecnolóxicos, que melloran as súas competencias científicas e contribúen dun xeito moi positivo á súa experiencia escolar.

Premios noutras categorías

Ademais do equipo de Muxía en órbita, no acto de hoxe a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP tamén entregaroo os premios a mellor difusión e financiación CoiaSAT para o Instituto IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, a equipo máis profesional para o CPR Compañía de María da Coruña, a mellor logro técnico para o Instituto IES Perdouro de Burela, a mellor misión científica para o Instituto IES Manuel Murguía de Arteixo e o premio honorífico para o CPR Ayala de Ferrol.

Un cansat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e o sistema de comunicacións. A continuación, lánzase o cansat ou déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23872 {"title":"As alumnas de 'Muxía en órbita', do Instituto Ramón Caamaño, representarán a Galicia na fase nacional do programa de satélites da Axencia Espacial Europea","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887196\/CPR+Ayala.jpeg","id":"23872"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23872-as-alumnas-muxia-orbita-do-instituto-ramon-caamano-representaran-galicia-na-fase-nacional-do-programa-satelites-da-axencia-espacial-europea https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.