A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada PO-254 nos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario, cun investimento de máis de 1,4 M€

Imagen del artículo A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada PO-254 nos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario, cun investimento de máis de 1,4 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os traballos previstos neste contrato contan cun prazo de execución de 4 meses
  • As obras consistirán na rehabilitación e na reposición do pavimento, ademais do repintado das marcas viarias
  • O Goberno galego continúa traballando na conservación das estradas de titularidade autonómica co fin de reforzar a seguridade viaria, tendo licitadas neste 2024 actuacións de mellora do firme por importe de máis de 23 M€

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

A Xunta vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario, que suporán un investimento de máis de 1,4 M€.

Os traballos previstos neste contrato contan cun prazo de execución de 4 meses.

As intervencións comprenderán a mellora e acondicionamento do pavimento nesta vía, no seu percorrido por estes tres municipios da comarca do Condado.

Trátase da rehabilitación superficial do firme da vía mediante o fresado e a súa reposición, completando os traballos co repintado da sinalización horizontal.

O Goberno galego continúa traballando na conservación das estradas de titularidade autonómica co fin de reforzar a seguridade viaria.

De feito, a Xunta leva licitados traballos de mellora do firme das estradas autonómicas para executar neste ano 2024 por importe de máis de 23 M€, deles preto de 5,5 M€ correspóndense con actuacións en vías autonómicas da provincia de Pontevedra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23869 {"title":"A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada PO-254 nos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario, cun investimento de máis de 1,4 M€","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887196\/PO-254_1.jpg","id":"23869"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23869-xunta-inicia-as-obras-mellora-do-firme-na-estrada-po-254-nos-concellos-ponteareas-mondariz-e-mondariz-balneario-cun-investimento-mais-1-4-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.