Xunta de Galicia e Fundación CEL amplian a súa colaboración para impulsar a aceleradora BFaero

  • Avanzaron na sinatura dunha addenda ao convenio actual por importe dun millón de euros para atender novas necesidades e poñer en marcha unha análise Sandbox aproveitando as infraestruturas existentes en Rozas
  • A Fundación CEL amosou o seu interese por traballar na creación dun Centro de Servicios de Fabricación Avanzada que permitiría a creación de equipamentos compartidos e de alto valor tecnolóxico para dar unha resposta máis flexible ás necesidades deste ecosistema.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

A Xunta de Galicia e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo celebraron esta mañá o recoñecemento outorgado a pasada semana á Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, como a mellor aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos. 

No encontro mantido no día de hoxe entre a directora do Igape, Covadonga Toca, e o presidente da Fundación CEL, Luís García Santalla, ambos coincidiron en que este recoñecemento pon en valor o labor desenvolvido por ambas institucións, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Así mesmo, Toca e García aproveitaron a reunión para abordar as liñas de traballo para os vindeiros meses. Concretamente, Toca avanzou que a Consellería de Economía e Industria asinará unha addenda no marco do convenio de colaboración entre Xunta e a Fundación para impulsar a aceleradora BFAero por importe dun millón de euros para atender novas necesidades, nomeadamente para contribuír ao apoio das probas experimentais;  así como para a posta en marcha dunha análise Sandbox aproveitando os equipamentos existentes en Rozas. Esta iniciativa aproveitaría as sinerxías e complementariedades  destas infraestruturas para crear un entorno controlado onde as empresas poidan probar novas tecnoloxías e solucións nun marco regulatorio flexible.

Pola súa banda, García Santalla trasladou á directora do Igape o interese da entidade que preside por traballar na creación dun Centro de Servizos de Fabricación Avanzada (CFSA) que permitiría a creación dunhas infraestruturas compartidas e de alto valor tecnolóxico para dar unha resposta máis flexible ás necesidades do dito ecosistema.

Cómpre lembrar que as os CSFA ofrecen unha serie de vantaxes como a redución de custos e o aumento da accesibilidade para as empresas; a flexibilidade para responder a necesidades específicas e a personalización de servizos e a adaptación a diferentes proxectos; así como o apoio na procura de novas solucións e produtos tecnolóxicos, entre outros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23861 {"title":"Xunta de Galicia e Fundación CEL amplian a súa colaboración para impulsar a aceleradora BFaero","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23861"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23861-xunta-galicia-e-fundacion-cel-amplian-sua-colaboracion-impulsar-aceleradora-bfaero https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.