A Xunta facilita dende este luns os desprazamentos de Santiago ata o lugar da Agrela en Teo mediante o transbordo na Ramallosa

  • O servizo con saída ás 21,30 horas da Ramallosa e destino O Espiño atrasará a súa saída en 15 minutos para facilitar enlace dos usuarios procedentes de Compostela que se dirixan cara á Agrela nesa franxa horaria
  • Con esta modificación, a Xunta mellora as conexións dispoñibles, respondendo de xeito eficiente ás necesidades colectivas de mobilidade da cidadanía

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

A Xunta optimiza dende este luns os horarios dos servizos para facilitar os desprazamentos de Santiago de Compostela ata A Agrela, na parroquia de Lampai, en Teo.

Tras analizar a petición do Concello de Teo na que propuña un atraso de 15 minutos no servizo con saída da Ramallosa ás 21,30 horas e destino O Espiño, o Goberno galego decidiu emprender estes cambios co obxectivo de mellorar as condicións de mobilidade das persoas usuarias.

Así, dende este luns 29 de abril, a expedición da liña O Espiño-A Ramallosa, operativa de luns a venres, pasará a saír ás 21,45 horas da Ramallosa, permitindo así ás persoas usuarias do servizo da liña A Estrada E.A.  - Montouto - Santiago E.I., con saída ás 21:15 horas de Santiago E.I. e hora de paso pola Ramallosa ás 21,31 horas, contar con maior marxe temporal para poder realizar o transbordo.

Deste xeito, o Goberno galego completa a resposta ao conxunto de peticións trasladadas polo Concello e a veciñanza de Teo, ampliando a cobertura do transporte público a máis localidades e adecuando con maior precisión os horarios dalgúns servizos.

A Xunta continúa así a mellorar as conexións dispoñibles, pondo de manifesto, unha vez máis, o seu compromiso coas necesidades de mobilidade da sociedade galega e o seu interese na mellora continua do Plan de Transporte Público de Galicia.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23859 {"title":"A Xunta facilita dende este luns os desprazamentos de Santiago ata o lugar da Agrela en Teo mediante o transbordo na Ramallosa","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23859"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23859-xunta-facilita-dende-luns-os-desprazamentos-santiago-ata-lugar-da-agrela-teo-transbordo-na-ramallosa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.