Galicia exhibe en California os avances en i+d+i aplicada ás tecnoloxías de sistemas non tripulados desenvolvidos no polo aeroespacial

Imagen del artículo Galicia exhibe en California os avances en i+d+i aplicada ás tecnoloxías de sistemas non tripulados desenvolvidos no polo aeroespacial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Unha delegación galega participou en Xponential 2024, o principal evento do segmento das tecnoloxías de vehículos e sistemas non tripulados en San Diego, onde se compartiron as solucións máis innovadoras en robótica intelixente e drons
  • Están presentes tamén no evento empresas e centros tecnolóxicos do ecosistema aeroespacial galego como Telespazio Ibérica, Centum Research & Technology, Sense Aeronautics e ITG Drone Solutions

San Diego (Estados Unidos), 26 de abril de 2024

O Polo Aeroespacial de Galicia participou esta semana en Xponential 2024, un dos eventos internacionais de referencia na industria dos vehículos e sistemas aéreos non tripulados que se celebrou no San Diego Convention Center, en San Diego, California, onde presentou os avances en I+D+i aplicada ás tecnoloxías dron desenvolvidos no marco da iniciativa.

Galicia contou con espazo propio no pavillón de España, que compartiu co Consorcio Aeronáutico Galego, así como con empresas e centros de coñecemento do ecosistema como Avincis, Telespazio Ibérica, Centum Research & Technology, Sense Aeronautics (spin off de Gradiant), Lagos Experience & Solutions e ITG Drone Solutions, do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

A presenza do Polo Aeroespacial de Galicia neste evento responde á estratexia  de internacionalización da iniciativa, que ten por obxecto fomentar a participación das empresas galegas nas principais feiras do sector para explorar oportunidades de negocio en países con interese na compra de produtos, tecnoloxías e solucións desenvolvidas na Civil UAVs Initiative ou por outras empresas do eido aeronáutico e aeroespacial en Galicia; e fomentar así a internacionalización do sector, fundamentalmente das pemes, e a venda das tecnoloxías desenvolvidas.

Días de intensa actividade

Durante a celebración de Xponential o stand do ecosistema aeroespacial galego atendeu unha intensa axenda, na que recibiu en conxunto máis de 250 visitas e preto de 50 demostracións de interese.

Pola súa parte, a delegación da Administración galega visitou os espazos da feira dos Estados de Ohio, que ten unha iniciativa para un sandbox; Oklahoma, Nova York, que conta cunha zona de 50 millas para voos de proba; Virginia, Maryland, Michigan, Carolina do Norte, Oregón, Quebec e Alemania Trade & Invest. Tamén visitaron os espazos da NASA, da Federal Aviation Administration (FAA) e do National Center for Atmospheric Research, dos Estados Unidos.

Ademais de visitar stands de empresas e países de todo o mundo e de coñecer as últimas solucións tecnolóxicas no segmento dos drons, como pilas de combustible, fundamentalmente de hidróxeno, para propulsión; a delegación galega realizou unha visita ás instalacións de Boeing, socio estratéxico da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia, en Seattle.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23858 {"title":"Galicia exhibe en California os avances en i+d+i aplicada ás tecnoloxías de sistemas non tripulados desenvolvidos no polo aeroespacial","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887196\/Xponential1.jpeg","id":"23858"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23858-galicia-exhibe-california-os-avances-aplicada-as-tecnoloxias-sistemas-non-tripulados-desenvolvidos-polo-aeroespacial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.