A Xunta completa traballos preventivos nuns 50 quilómetros de pistas e nunhas 10 hectáreas de cortalumes do distrito forestal VIII Terra de Lemos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os traballos leváronse a cabo en parroquias dos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón e Sober para seguir mellorando as infraestruturas de prevención fronte o lume
  • Ao longo deste ano continuaranse realizando este tipo de tarefas en distintas parroquias dos concellos que forman parte deste distrito, favorecendo así a anticipación aos incendios forestais e facilitar o traballo do servizo

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, vén de completar unha serie de actuacións para a prevención de incendios forestais no Distrito Forestal VIII Terra de Lemos, na provincia de Lugo, concretamente nos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón e Sober.

Os traballos levados a cabo consistiron en labores de repaso e adecuación de pistas ao longo duns 50 quilómetros, abranguendo unha superficie de 25,6 hectáreas. A isto sumáronse outros traballos preventivos en cortalumes, cunha superficie repasada dunhas 10 hectáreas. Para realizar estas tarefas, empregouse unha bulldozer.

Este tipo de traballos teñen como obxectivo potenciar a defensa do territorio contra os incendios forestais, por iso, ao longo de 2024 continuaranse realizando en distintas parroquias dos concellos que forman parte do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos, favorecendo así a anticipación aos incendios forestais e facilitar o traballo do servizo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23850 {"title":"A Xunta completa traballos preventivos nuns 50 quilómetros de pistas e nunhas 10 hectáreas de cortalumes do distrito forestal VIII Terra de Lemos","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887196\/240426_Traballos_preventivos_VIII+Terra+de+Lemos+I.jpg","id":"23850"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23850-xunta-completa-traballos-preventivos-nuns-50-quilometros-pistas-e-nunhas-10-hectareas-cortalumes-do-distrito-forestal-viii-terra-lemos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.