A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria da PO-531 en Campañó, no concello de Pontevedra, que suporá un investimento de preto de 975.000 €

  • Esta actuación contribuirá á mellora de seguridade, especialmente para os peóns, no tramo entre a PO-310 e a vía de alta capacidade VG-4.8
  • A Xunta prevé convocar as expropiacións no segundo semestre de 2024, co obxectivo de que o vindeiro ano a obra estea executada
  • A intervención prevé a transformación da intersección en "T" existente na conexión desta vía coa PO-310 nunha glorieta cun diámetro exterior de 30 metros

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación de mellora de seguridade da estrada autonómica PO-531 ao paso pola parroquia de Campañó, en Pontevedra, que suporá un investimento de preto de 975.000 euros.

 

As obras engloban o treito da vía autonómica entre a PO-310 e a vía de alta capacidade VG-4.8 e teñen por obxectivo contribuír á mellora de seguridade neste tramo da PO-531, especialmente para os peóns, a través dun conxunto de actuacións que tamén favorezan a mobilidade e a fluidez do tráfico.

 

O DOG publica o acordo do Consello da Xunta do pasado día 15 polo que se aprobaron o trámite de información pública e o proxecto definitivo de trazado para este itinerario. Esta información pode ampliarse no seguinte enlace ao DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240425/AnuncioG0181-220424-0002_gl.html

 

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas realizará a convocatoria dos actos expropiatorios no segundo semestre de 2024, co obxectivo de que as obras poidan estar executadas no vindeiro ano. A actuación ten un prazo de 8 meses.

 

A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Executivo autonómico leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta intervención. En total son 13 predios e a superficie de expropiación será de 2.201,42 m2.

 

Xa no detalle das obras, a intervención comezará pola transformación, en glorieta, da intersección en "T" situada no quilómetro 3+200 desta vía, na súa conexión coa estrada PO-310. Acometerase unha rotonda cun diámetro exterior de 30 metros e un diámetro interior de 8, con dous carrís e dúas beiravías.

 

Prevese a execución de sendas peonís en ambas as marxes da estrada PO-531, entre a nova glorieta e a glorieta da VG-4.8. As sendas terán un ancho mínimo de 2 metros, incluíndo unha zona axardinada de 50 centímetros segundo as zonas.

 

Entre as actuacións deseñadas, proponse a eliminación dos xiros á esquerda e os carrís centrais de espera entre as dúas glorietas.

 

Acondicionaranse as paradas de autobús existentes, incluíndo a instalación de refuxios.

 

Ademais, procederase ao acondicionamento da intersección na marxe esquerda no punto quilométrico 3+450, de acceso ao colexio CEIP Campañó. Tamén se habilitarán neste punto dúas zonas de aparcadoiro, nas proximidades da estrada PO-531.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23838 {"title":"A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria da PO-531 en Campañó, no concello de Pontevedra, que suporá un investimento de preto de 975.000 €","published_date":"2024-04-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23838"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-25/23838-xunta-publica-dog-aprobacion-do-proxecto-mellora-da-seguridade-viaria-da-po-531-campano-concello-pontevedra-supora-investimento-preto-975-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.