A Xunta destaca as ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria como factores clave para a dinamización do rural galego mediante a innovación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou este mediodía en San Xoán de Río na clausura da xornada "Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?", organizada por "Ourense Rural é vida"
  • Na súa intervención, fixo especial fincapé nas aldeas modelo e nos seus plans de dinamización como exemplo para impulsar un deseño xeral de rexeneración dos núcleos rurais
  • Subliñou que a Xunta impulsa "Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles" como proxecto de compra pública de innovación na procura de solucións tecnolóxicas para mellorar os recursos agrarios e a xeración de actividade económica

San Xoán de Río (Ourense), 25 de abril de 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou este mediodía na clausura da xornada "Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?", organizada por "Ourense Rural é vida".

Neste acto, Inés Santé destacou a importancia das figuras creadas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para o desenvolvemento integral do noso agro, mediante a innovación. Nesta liña, fixo especial referencia ás aldeas modelo e aos seus plans de dinamización como exemplo para impulsar un deseño xeral de rexeneración dos núcleos rurais. Así, segundo explicou, estes plans recollen os requisitos básicos para desenvolver estes núcleos, que pasan polo súa rehabilitación integral, o impulso da actividade económica, a planificación preventiva fronte os incendios e a aposta polas "aldeas intelixentes".

Neste sentido, Santé expuxo os traballos que se están desenvolvendo nas 21 aldeas modelo que hai en toda Galicia e trasladou que estarán en funcionamento todas elas ao longo deste ano. Ademais, puxo en valor os avances dos catro proxectos piloto de plans de dinamización nas aldeas modelo de Muimenta (Carballeda de Avia), Osmo (Cenlle), Penedo (Boborás) e Trascastro (O Incio).

Optimización dos recursos agrarios

En relación coa iniciativa de "aldeas intelixentes", a directora sinalou que se trata de impulsar o desenvolvemento de novas ferramentas e técnicas para mellorar a optimización dos recursos agrarios e a xeración de actividades económicas no medio rural, así como a configuración de espazos que ofrezan calidade de vida e unha contorna favorable para emprender e residir no rural da man dos instrumentos da Lei de recuperación.

Nesta liña, Inés Santé subliñou que a Xunta puxo en marcha "Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles" como un proxecto de compra pública de innovación (CPI) promovido pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A partir desa compra pública de innovación, a Xunta aposta polo desenvolvemento de novos programas e sistemas, ferramentas con tres eixos principais de innovación: facer máis eficaces e eficientes os servizos públicos municipais; potenciar a xestión das explotacións agrogandeiras e favorecer a trazabilidade dos produtos agroalimentarios e a economía circular.

Estas solucións tecnolóxicas poranse a disposición dos concellos e da veciñanza -principalmente, agricultores e gandeiros-, a través dunha plataforma dixital á que poderán acceder os interesados. Nunha primeira fase, as innovacións probaranse de xeito piloto na Rede de Aldeas Modelo de Galicia, coa finalidade de avanzar posteriormente na súa implantación en toda a comunidade autónoma.

Para levar a cabo este proxecto, a Xunta conta cun orzamento de 5 millóns de euros de fondos propios -dos cales xa se mobilizaron arredor de 1,2 millóns para implantar un modelo de comunidade enerxética para aldeas- e aspira a captar outros 5 millóns máis ao abeiro da liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, segundo informou Inés Santé.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23834 {"title":"A Xunta destaca as ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria como factores clave para a dinamización do rural galego mediante a innovación","published_date":"2024-04-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887193\/240425_Ines+Sante_San+Xoan+de+Rio.jpeg","id":"23834"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-25/23834-xunta-destaca-as-ferramentas-da-lei-recuperacion-da-terra-agraria-como-factores-clave-dinamizacion-do-rural-galego-innovacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.