Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de reforzar a internacionalización e crear sinerxías co ecoturismo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marca
  • Ao final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares de especial interese natural das catro comunidades que as empresas están deseñando
  • Están previstas accións promocionais de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi para os mercados Nova York, Londres, Berlín, Viena, Zurich, Milán, Roma ou París

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na primeira Comisión de Seguimento neste 2024 da marca turística España Verde, que este ano coordina a comunidade autónoma galega. No encontro tamén participaron a viceconselleira de Turismo do Goberno do Principado de Asturias, Lara Martínez; o director xeral de Turismo do Goberno de Cantabria, Gustavo Cubero; o viceconselleiro de Turismo e Comercio do Goberno Vasco, Jesús Mª García de Cos e a subdirectora xeral de Marketing de Turespaña, Blanca Pérez-Sauquillo.

Xosé Merelles puxo de manifesto o compromiso de Galicia para estender durante este ano a marca a máis destinos internacionais "para facer máis forte tanto a marca como cada un dos destinos cun modelo turístico común que pode beneficie ao sector e residentes de todas as comunidades da marca". Tamén falou da oportunidade de crear sinerxías ao redor dun elemento común en todas as comunidades: o ecoturismo.

Neste sentido avanzouse sobre a situación dun dos proxectos máis ambiciosos do que se verán os resultados ao final deste ano. Trátase do Corredor de Ecoturismo da España Verde, co que se pretende crear o maior corredor ecoturístico de Europa co financiamento dos fondos Next Generation.

Corredor ecoturístico este ano

Nestes momentos, empresas turísticas de cada unha das comunidades están a deseñar os produtos que formarán parte desta gran ruta que atravesará os principais lugares de especial interese natural da España Verde. Participan espazos naturais protexidos e empresas vinculadas á observación da fauna, aloxamento, empresas e turismo activo, entre outras.

Durante este ano está previsto, ademais, intensificar a promoción internacional. Están previstas inicialmente acciones en colaboración coas oficinas de turismo de España nas cidades de Nova York, Londres, Berlín, Viena, Zurich, Milán, Roma ou París, entre outros moitos. Os plans de Galicia pasan tamén por impulsar o Camiño de Santiago como feito diferencial que vertebra ás Comunidades da España Verde.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23832 {"title":"Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de reforzar a internacionalización e crear sinerxías co ecoturismo","published_date":"2024-04-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887193\/image1.jpeg","id":"23832"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-25/23832-arranca-coordinacion-da-xunta-da-marca-turistica-do-norte-peninsular-co-compromiso-reforzar-internacionalizacion-e-crear-sinerxias-co-ecoturismo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.