A Xunta salienta en Ceuta a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para seguir colaborando na mellora do tecido produtivo

Imagen del artículo A Xunta salienta en Ceuta a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para seguir colaborando na mellora do tecido produtivo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nun encontro organizado polo Foro ADR na procura de que as axencias de desenvolvemento rexional optimicen os servizos e apoios que prestan a empresas e emprendedores para impulsar a súa competitividade

Ceuta, 25 de abril de 2024

A directora de Igape, Covadonga Toca, participou hoxe no XVIII Encontro de Direccións Xerais, celebrado en Ceuta no marco das actividades organizadas polo Foro ADR, e que permitiu poñer en valor a importancia da innovación e as novas tecnoloxías na mellora da competitividade do tecido produtivo.

 

Este tipo de encontros permite ás Axencias de Desenvolvemento Rexional (ADR) españolas integradas na Asociación Española de ADR, entre as que se atopa o Igape, traballar e concretar os seus modelos de futuro, optimizando os servizos e apoios que prestan ás empresas e aos emprendedores. Desta volta, as sesións de traballo centráronse en campos como a innovación, o emprendemento de base tecnolóxica, o impulso do talento ou o fomento das novas tecnoloxías na procura de contribuír a que as axencias de desenvolvemento presten un servizo público de calidade a empresas e persoas emprendedoras.

 

A asociación celebra dúas veces ao ano estes encontros de directores, que se configuran como un ámbito de reflexión no que analizar os principais programas de actuación, a contorna económica e empresarial ou o benchmarking entre axencias, e onde se expoñen posicións comúns da Asociación. Durante o encontro puxéronse en valor as principais actuacións e conclusións dos grupos de traballo nos que participan os membros das distintas axencias, tanto o grupo orientado cara aos temas de dixitalización e industria, como o grupo de traballo sobre Estratexias de Especialización Intelixente e o Grupo de Traballo de Emprendemento.

 

Por último, por parte de PROCESA, axencia de desenvolvemento de Ceuta, presentouse o proxecto "El Ángulo" un espazo de innovación aberta que ten como obxectivo impulsar o talento, a transformación dixital, apoiar o emprendemento e a formación tecnolóxica para a creación e o enriquecemento do tecido empresarial, e representantes da Fundación COTEC, presentaron o Informe sobre Soberanía Tecnolóxica. O papel estratéxico da Propiedade Industrial e Intelectual.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23826 {"title":"A Xunta salienta en Ceuta a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para seguir colaborando na mellora do tecido produtivo","published_date":"2024-04-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887193\/20240425IgapeForoADR1.jpg","id":"23826"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-25/23826-xunta-salienta-ceuta-importancia-da-innovacion-e-as-novas-tecnoloxias-seguir-colaborando-na-mellora-do-tecido-produtivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.