A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do protocolo entre a Agasp e o sindicato unificado de policía

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro actividades programadas para os meses de maio e xuño
  • O prazo de inscrición ábrese mañá e prolóngase ata 20 días naturais antes do inicio de cada sesión

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024 O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de catro cursos cun total de 184 prazas para persoal das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia. As accións formativas desenvolveranse neste primeiro semestre ao abeiro do protocolo de colaboración entre a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e o Sindicato Unificado de Polícia (SUP).

A primeira das sesións celebrarase o vindeiro 21 de maio e consta de 8 horas presenciais e 40 prazas para abordar a xestión de conflitos a través da mediación policial. Tamén de 40 prazas e presencial é o curso de intervención policial de 15 horas previsto para os días 4 e 5 de xuño. Nas xornadas do 6 e 7 de xuño a academia acollerá unha actividade de 15 horas para 24 persoas sobre tiro policial e de control de hemorraxias. Por último, o 18 de xuño impartirase, xa en liña a través da plataforma de teleformación da Agasp, un curso de comunicación de malas novas de 6 horas e con 80 prazas dispoñibles.

As prazas repartiranse en condicións de igualdade entre o persoal da Policía Local, Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil, cun 50% delas reservadas para persoal afiliado ao SUP.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na web da Agasp. O prazo ábrese mañá e prolongarase ata 20 días naturais antes do inicio de cada curso e ata as 14,00 horas do día que corresponda.

As accións formativas convocadas forman parte da programación prevista pola Academia Galega de Seguridade Pública para este ano no eido da seguridade pública.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23823 {"title":"A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do protocolo entre a Agasp e o sindicato unificado de policía","published_date":"2024-04-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23823"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-25/23823-xunta-convoca-catro-cursos-membros-das-forzas-seguridade-ao-abeiro-do-protocolo-agasp-e-sindicato-unificado-policia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.