A Xunta reformará as fiestras do comedor do CEP Campolongo para mellorar a eficiencia enerxética do centro

Imagen del artículo A Xunta reformará as fiestras do comedor do CEP Campolongo para mellorar a eficiencia enerxética do centro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial conversou co equipo directivo do centro, quen lle transmitiu a súa satisfacción pola licitación desta obra
  • A falta de ser adxudicada, a obra conta cun orzamento de preto de 48.000 €
  • A Xunta destinou máis de 25 M€ a investimentos en materia de educación dende o ano 2009 na cidade de Pontevedra

Pontevedra, 24 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o CEP Campolongo, onde a Xunta reformará as fiestras do comedor.

Así, a obra, que xa foi licitada, busca mellorar a comodidade e a eficiencia enerxética deste espazo, modernizando ademais as instalacións. As antigas fiestras serán substituídas por unha nova carpintería de aluminio anodizado natural, que mellorará o illamento da sala, reducindo así o gasto enerxético. Para este mesmo fin, realizarase un capitalizado exterior con alucobond composite.

Os traballos contan cun orzamento, a falta de ser adxudicados, de preto de 48.000 euros.

O delegado territorial destacou a importancia de seguir levando a cabo este tipo de obras que "non só melloran a comodidade do alumnado e do equipo docente, senón que ademais reducen o consumo e a pegada de carbono dos nosos centros educativos".

Investimentos

Este novo investimento sumarase aos máis de 780.000 euros que a Xunta investiu neste centro dende o ano 2010. En total foron 9 os grandes proxectos que se levaron a cabo neste edificio, entre os cales destaca a rehabilitación integral levada a cabo no 2016 que contou con máis de 550.000 euros de orzamento.

Cabe destacar que, sumando todos os investimentos nos centros educativos públicos nas distintas etapas educativas feitos na cidade de Pontevedra, a achega da Xunta supera os 25 millóns de euros dende o ano 2009.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23819 {"title":"A Xunta reformará as fiestras do comedor do CEP Campolongo para mellorar a eficiencia enerxética do centro","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/85683-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23819"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23819-xunta-reformara-as-fiestras-do-comedor-do-cep-campolongo-mellorar-eficiencia-enerxetica-do-centro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.