A Xunta dinamiza a actividade cultural entre a cativada do rural co gallo do Día do Libro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no I Encontro Letras na Praza con escolares de Fornelos de Montes, Carballedo (Cerdedo-Cotobade) e A Lama

A Lama (Pontevedra), 24 de abril de 2023

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, achegouse esta mañá ao I Encontro Letras na Praza, unha actividade organizada polo centro de ensino de infantil e primaria desta localidade pontevedresa e na cal participan escolares de Fornelos de Montes, Carballedo (Cerdedo-Cotobade) e A Lama. Trátase dun acción encadrada co gallo do Día do Libro e que permite dinamizar a activade cultural entre a cativada do rural.

Así o puxo en valor José López, quen, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, se achegou á alameda da Lama, onde estes escolares estaban a participar en actividades de animación á lectura, xogos, programas de radio en directo e outras accións de lecer cultural, ademais de encontros entre o alumnado e os pais e as nais.

José López trasladoulles a importancia que a educación, a cultura e a dinamización do medio rural ten para o Goberno galego. Por estes motivos, gabou esta iniciativa que organiza por vez primeira o CEIP da Lama e que pretende ter un itinerario entre os concellos da comarca do Verdugo-Oitavén.

Hábitos lectores entre a rapazada en Galicia

O conselleiro tirou proveito deste encontro para salientar os datos que reflicte o Estudo sobre hábitos lectores e compra de libros en Galicia 2023, xa que revelan, no relativo á cativada, que a porcentaxe de rapaces e rapazas entre 10 e 13 anos que le libros no seu tempo libre é do 83,7 %. Ademais, destacou que o informe amosa que case o 97 % dos galegos e galegas maiores de 14 anos le algún tipo de material polo menos unha vez ao trimestre.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23817 {"title":"A Xunta dinamiza a actividade cultural entre a cativada do rural co gallo do Día do Libro","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/85674-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23817"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23817-xunta-dinamiza-actividade-cultural-cativada-do-rural-co-gallo-do-dia-do-libro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.