A Xunta apoia o campionato do mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana en epicentro mundial da motonáutica

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral para o Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas de primeiro nivel en todo tipo de disciplinas

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá na presentación da primeira das tres probas do Campionato do Mundo de Endurance Class B, que o Real Club Náutico de Sanxenxo acollerá esta semana, desde o venres ata o domingo.

O evento está organizado pola Real Federación Española de Motonáutica e a Real Federación Galega de Motonáutica, baixo a supervisión da Unión Internacional de Motonáutica. Con esta primeira proba en Sanxenxo, España convértese nunha das sedes da competición, que continuará con outras dúas en Bélxica e Reino Unido.

Deste xeito, desde hoxe ata o domingo compiten 12 equipos, a metade de España, dos que dous deles son galegos. Tamén compiten embarcacións de Bélxica, Kuwait, Reino Unido, Malta e Italia nas tres categorías dispoñibles -Promotion 150, Boat Production e Class Sport 450- cun dúas mangas de entre 60 e 75 quilómetros cada unha.

Lete Lasa desexou sorte a todos os participantes, sobre todo as parellas galegas, a formada por Eugenio Falcón e Sergio Pereira Millos e a de Costin Balca e Manuel Ángel Loira Gómez.

A Xunta colabora nesta gran festa da motonáutica, que o Goberno galego tamén apoia, ademais da axuda anual á Federación Galega de Motonáutica no marco do convenio anual.

Nesta liña, o secretario xeral para o Deporte incidiu en que Galicia ten acreditado o seu nivel como potencia nacional, continental e mundial da motonáutica e, en xeral, a comunidade galega ten demostrado converterse nun escenario ideal para acoller probas de máximo nivel en todo tipo de deportes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23808 {"title":"A Xunta apoia o campionato do mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana en epicentro mundial da motonáutica","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887190\/20240424MundialEndurance1.jpeg","id":"23808"} galicia Secretaría Xeral para o Deporte ; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23808-xunta-apoia-campionato-do-mundo-endurance-convertera-sanxenxo-semana-epicentro-mundial-da-motonautica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.