A Xunta presenta catro traballos de investigación nun encontro nacional sobre viticultura e enoloxía

Imagen del artículo A Xunta presenta catro traballos de investigación nun encontro nacional sobre viticultura e enoloxía

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, participa na 36ª edición Grupo de Traballo de Experimentación en Viticultura e Enoloxía que se celebra en Logroño
  • Un total de 50 investigadores de 13 centros de toda España participan nesta xuntanza para abordar diferentes traballos relacionados co sector vitivinícola co obxectivo de potenciar a calidade dos viños nacionais

Logroño (A Rioxa), 24 de abril de 2024

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, está a participar na 36ª edición do Grupo de Traballo de Experimentación en Viticultura e Enoloxía, que se celebra en Logroño hoxe e mañá organizada polo Instituto de Ciencias da Vide e do Viño.

Na edición deste ano están presentes 50 investigadores pertencentes a 13 centros de toda España, que expoñerán e debaterán sobre 31 comunicacións que abranguen as diferentes temáticas de traballo na viticultura e a enoloxía. Entre as materias que se estudarán atópanse a selección clonal e o estudio do potencial de variedades minoritarias, a caracterización enolóxica dalgunhas desas variedades, os sistemas de predición e a eficiencia de determinados tratamentos fitosanitarios, a problemática das enfermidades da madeira; a microbioloxía do viño; control de fraudes e sistemas de cultivo sustentable na viña.

De feito, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia presenta nesta edición catro traballos relativos a temas de interese para a viticultura e a enoloxía que son "A selección clonal do Blanco lexitimo"; "Aplicación de lévedos non-Saccharomyces na fermentación do mosto de Albariño e Lado"; "Residuos da Poda e o seu efecto na microbiota dos solos da D.O. Ribeiro"; "Incidencia de residuos de pesticidas nos solos: técnicas de manexo sustentable do solo para mitigar o seu impacto".

Potenciar a calidade dos viños

O Grupo de Traballo de Experimentación en Viticultura e Enoloxía naceu co obxectivo de dar unha resposta técnica axeitada á necesidade de establecer unha plataforma de encontro e comunicación entre as institucións autonómicas e as persoas dedicadas a potenciar o coñecemento e a calidade dos viños en España.

A súa finalidade a día de hoxe é establecer un foro estable para o intercambio de experiencias, debate de puntos de vista, solución de problemas, e exposición de traballos e resultados, todo isto co gallo de potenciar as sinerxías entre os equipos que traballan nos eidos da viticultura e a enoloxía ao longo da xeografía española e obter uns resultados máis eficientes.

Nestas reunións participan aqueles centros dedicados á mellora do cultivo da vide, da elaboración e a calidade do viño e polo tanto inclúense as Estacións de Viticultura e Enoloxía, os Centros Enolóxicos, as Adegas Experimentais e outras institucións semellantes como o INIA, a CSIC ou as Universidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23807 {"title":"A Xunta presenta catro traballos de investigación nun encontro nacional sobre viticultura e enoloxía","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887190\/MEDIORURALLARA1.jpeg","id":"23807"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23807-xunta-presenta-catro-traballos-investigacion-nun-encontro-nacional-viticultura-e-enoloxia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.