A Xunta e a Real Academia Galega renovan o convenio de colaboración para a utilización das instalacións da Cidade da Cultura

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Desde o ano 2014 traballan diariamente no Gaiás os Seminarios de Lexicografía, Onomástica e Sociolingüística da Academia
  • O convenio prolonga durante outros catro anos a colaboración do Goberno galego

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, reafirmaron hoxe o seu compromiso de colaboración entre ambas as institucións na promoción e defensa da lingua galega durante o seu primeiro encontro, celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.

Nun acto que tivo lugar esta mañá na Biblioteca e Arquivo de Galicia, José López Campos e Víctor F. Freixanes ratificaron o convenio que xa se asinou no ano 2014 e que precisaba de renovación, en virtude do cal, desenvolverán o seu traballo nas dependencias do Gaiás por un período doutros catro anos os Seminarios de Lexicografía, Sociolingüística e Onomástica da RAG, ao que pertence o persoal dedicado a labores de actualización e revisión do Nomenclátor de Galicia.

O titular de Cultura e Lingua da Xunta de Galicia remarcou o propósito no que se encadra esta colaboración para "crear alianzas, tender pontes e establecer sinerxías que beneficien a divulgación e promoción do noso patrimonio cultural e herdanza lingüística", ao tempo que lembrou que "coidar e protexer a nosa lingua propia, para o presente e o futuro, debe ser responsabilidade de todos os axentes culturais e moi especialmente do Goberno galego".

Neste sentido, o conselleiro quixo agradecerlle á Real Academia Galega o labor desenvolvido ao longo de máis dun século no estudo, promoción e defensa do idioma galego e do noso patrimonio cultural e literario.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia na dotación de espazos necesarios para a actividade dos seminarios da Academia e convidou o conselleiro a visitar as instalacións da Real Academia Galega na Coruña, provisionalmente no polígono industrial de Pocomaco, á espera da finalización das obras de renovación da sede histórica da rúa Tabernas. "Gustaríanos unha visita oficial do novo conselleiro ás dependencias da Academia e poder falar de proxectos futuros, e mesmo da posibilidade de dar un salto cualitativo nas estratexias de promoción e defensa do idioma. Se cadra é o momento de intentalo", expresou Víctor F. Freixanes.

Neste acto de sinatura estiveron tamén presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23795 {"title":"A Xunta e a Real Academia Galega renovan o convenio de colaboración para a utilización das instalacións da Cidade da Cultura","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887190\/240424_cultura_01x.jpg","id":"23795"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23795-xunta-e-real-academia-galega-renovan-convenio-colaboracion-utilizacion-das-instalacions-da-cidade-da-cultura https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.