A Xunta apoia a publicación, distribución e comercialización de 376 obras de 45 editoriais galegas

Imagen del artículo A Xunta apoia a publicación, distribución e comercialización de 376 obras de 45 editoriais galegas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da orde de axudas da Consellería Cultura, Lingua e Xuventude cun investimento de 250.000 €

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

A Xunta de Galicia apoia este ano un total de 47 editoriais galegas nos gastos de edición, distribución e comercialización de 376 obras literarias. Así se recolle na resolución que publica o Diario Oficial de Galicia da liña de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dotada de 250.000 euros —50.000 máis ca convocatoria do pasado ano— coa que se impulsa o sector editorial galego e se facilita que as súas obras cheguen ao público.

En concreto, as axudas van dirixidas á edición, distribución e comercialización das súas publicacións nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e distribuídas entre o 1 de novembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024.

Ao abeiro desta liña de apoio, a Xunta contribúe aos gastos derivados de tradución e corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión, dixitalización, así como accións de comercialización como campañas de márketing e publicidade en diferentes medios e canles ou gastos de distribución.

Esta acción dá resposta ao Plan Xeración Cultura, a folla de ruta do Goberno galego para este ano que inclúe unha batería de accións para impulsar ao sector cultural galego en todas as súas vertentes. No eido do sector dos libros, inclúe medidas para de proxección exterior, presenza nas feiras do libro de Galicia, na adquisición de novidades editoriais, así como con actividades de dinamización para a lectura, entre outras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23792 {"title":"A Xunta apoia a publicación, distribución e comercialización de 376 obras de 45 editoriais galegas","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887190\/iStock_libros_feira.jpg","id":"23792"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23792-xunta-apoia-publicacion-distribucion-e-comercializacion-376-obras-45-editoriais-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.