Aberta a convocatoria de axudas para a participación das galerías de arte galegas en feiras e mercados nacionais e internacionais

  • A partida increméntase en 30.000 € e admite a incorporación da asistencia a feiras de decembro do pasado ano para que poidan optar a estas subvencións
  • O prazo para presentar solicitudes remata o 20 de maio 

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

A Xunta de Galicia abriu xa a convocatoria de axudas para apoiar ás galerías de arte na súa participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade galega. Como publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) destínase unha achega de 80.000 € para colaborar cos profesionais que estean interesados a participar ao longo deste ano neste tipo de eventos, o que supón 30.000 € máis que na anterior convocatoria. Ademais, cómpre salientar a novidade de que se poderán presentar para subvencións de feiras ás que se asistise xa desde decembro de 2023. 

Con estas axudas o Goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, reflicte o apoio ás galerías de arte, recoñecéndolles que, no marco de pulo e de incentivo á actividade artística en Galicia, desempeñan un papel relevante na difusión da arte contemporánea, da produción das e dos artistas e na dinamización económica da cultura.

O obxectivo destas subvencións é colaborar coas galerías na proxección exterior das e dos artistas galegos e no apoio da dinamización comercial das galerías nas feiras e mercados de arte internacionais. Así, tal e como se recolle nas bases, no caso de que a asistencia sexa a feiras celebradas en España, pero fóra de Galicia, os beneficiarios recibirán un máximo de 4.000 euros, mentres que a axuda será de 8.000€ se se trata de eventos internacionais. Outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva. 

Prazo e requisitos

O prazo para presentar solicitudes rematará o vindeiro 20 de maio e poderán ser beneficiarias da subvención as persoas físicas ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades en Galicia, que teñan asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024. 

Tamén debe estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas na actividade para a que solicitan a subvención, ter a inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado e acreditar a relación dos asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

Convenio con 'Contemporánea'

Nesta mesma liña de apoio a actividade que desenvolven, a Xunta tamén renova a colaboración con 'Contemporánea', a asociación de galerías de arte que reúne as principais iniciativas galerísticas de arte contemporánea de Galicia, coa sinatura dun convenio por importe de 55.000 €, incrementado en 10.000 € a partida de 2023.

Con este convenio, o Goberno galego procura seguir estimulando o traballo de difusión cultural das galerías asociadas, ao tempo que se colabora na realización do programa Aberto Galicia 2024, iniciativa prevista para setembro deste ano e na que as galerías asociadas participan conxuntamente para inaugurar a súa tempada expositiva.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23791 {"title":"Aberta a convocatoria de axudas para a participación das galerías de arte galegas en feiras e mercados nacionais e internacionais","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23791"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23791-aberta-convocatoria-axudas-participacion-das-galerias-arte-galegas-feiras-e-mercados-nacionais-e-internacionais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.