O conselleiro de Sanidade lembra os investimentos da Xunta de máis de 8 M€ na nova UCI do Hospital Universitario de Ourense

  • Antonio Gómez Caamaño dá conta no Parlamento do incremento de máis do 30 % da capacidade asistencial da unidade de coidados intensivos do CHUO 
  • A nova UCI incorpora a última tecnoloxía de alarmas e seguimento de pacientes, boxes de illamento e renovación de aire individualizada en cada box acordes coas necesidades marcadas tras a pandemia

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reiterou no Parlamento as melloras que supoñen os investimentos da Xunta de máis de oito millóns de euros na nova unidade de coidados intensivos do Hospital Universitario de Ourense.

A ampliación e renovación integral da UCI supón pasar da vintena de camas ata chegar a 30, incrementando a capacidade asistencial en máis do 30 %. Ademais, a obra responde, entre outras, a necesidades xurdidas tras a pandemia como a incorporación de boxes de illamento, a renovación de aire individualizada en cada box, ademais de contar coa última tecnoloxía de alarmas e seguimentos e guindastres individuais en cada box. 

A obra tamén inclúe como novidade na humanización do servizo a creación dunha sala para o descanso de familiares que acompañen aos pacientes. 

Desta forma, a nova UCI do hospital ourensán mellora a seguridade clínica, a monitorización dos pacientes, a individualización, a luminosidade e a humanización. 

Nesta renovación, tal e como sinalou o conselleiro, "leváronse a cabo reunións cos profesionais do servizo onde se valoraron, entre outras cousas, propostas de distribución do persoal na unidade". Participaron activamente no deseño da renovación a xefatura e a supervisión do servizo, ademais dunha enfermeira experta da propia unidade. A UCI de Ourense, no ámbito da enfermería, conta con 48 enfermeiras, unha supervisora e 34 técnicas en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE). Polo tanto, disponse de 4 enfermeiras e 3 TCAE por cada unidade de 10 pacientes e quenda, ademais da supervisora da UCI e unha enfermeira adicional de apoio en quenda de mañá de luns a venres.

Así, o Sergas prevé poñer en marcha a segunda fase da unidade de coidados intensivos do CHUO no segundo semestre do ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23788 {"title":"O conselleiro de Sanidade lembra os investimentos da Xunta de máis de 8 M€ na nova UCI do Hospital Universitario de Ourense","published_date":"2024-04-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23788"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-24/23788-conselleiro-sanidade-lembra-os-investimentos-da-xunta-mais-8-m-na-nova-uci-do-hospital-universitario-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.