A Xunta iniciará este verán as obras de construción ou rehabilitación de preto de 400 vivendas de promoción pública en distintos concellos galegos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Martínez Allegue subliña o impulso destas vivendas de promoción pública nos municipios de Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Mondoñedo e Viveiro, entre outros
  • Salienta a actuación proxectada en San Paio de Navia, en Vigo, que suporá un investimento público-privado estimado en 250 M€ e a construción de 1.600 vivendas protexidas
  • Concreta que xa están licitadas as obras do polígono I, que albergará por 201 vivendas, por importe de 28,5 M€
  • Destaca o próximo comezo da tramitación para o cambio de uso de solo que permita a construción de 500 vivendas protexidas en Xuxán, na Coruña
  • Adianta que nas vindeiras semanas se convocarán axudas, cunha partida de 14,7 M€, para a execución de vivendas para alugueiro dirixida a promotores privados
  • Pon en valor a concesión de 99 avais, de ata o 20% do prezo da vivenda, a menores de 36 anos para comprar o seu primeiro fogar, unha iniciativa que volve estar aberta desde o 1 de marzo cun orzamento de 5 M€
  • Apunta que a Xunta continuará co Programa de mobilización de vivendas baleiras para alugueiro a prezos limitados, co que a Xunta garante seguridade aos propietarios, financiando os seguros de impago e multirrisco no fogar
  • Lémbralle ao BNG que nos concellos nos que teñen responsabilidade de goberno non aproveitan as oportunidades ao seu alcance para construír vivenda pública, como en Pontevedra ou en Santiago, nin se teñen adherido ao Programa de vivendas baleiras da Xunta

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

A Xunta iniciará este verán as obras de construción ou rehabilitación de preto de 400 vivendas de promoción pública en distintos concellos galegos.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, respondeu hoxe no Parlamento a unha interpelación na que subliñou que o Goberno galego é a única administración que constrúe vivenda de promoción pública en Galicia, pese a que tamén os concellos están facultados para este fin. Lembrou, nesta liña, que concellos gobernados polo BNG, como o de Pontevedra ou o de Santiago, non aproveiten as oportunidades ao seu alcance para construír vivenda pública.

Detallou que as vivendas de promoción pública da Xunta se impulsarán nos concellos de Vigo, de Pontevedra, de Santiago, da Coruña, de Ferrol, de Ourense, de Mondoñedo e de Viveiro, entre outros.

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas sinalou como estratéxica a actuación proxectada en San Paio de Navia, en Vigo, que suporá un investimento público-privado estimado en 250 M€ e a construción de 1.600 vivendas protexidas.

Lembrou que, pese á tardanza do Concello de Vigo en aprobar o proxecto definitivo, xa están licitadas as obras do polígono I, que albergará 201 vivendas, por importe de 28,5 M€.

Tamén incidiu en que o próximo comezo da tramitación para o cambio de uso de solo que permita a construción de 500 vivendas protexidas en Xuxán, na Coruña.

E avanzou que en breve se habilitará unha nova liña de axudas para a construción de vivendas para alugueiro dirixida a promotores privados. Así, nas vindeiras semanas sairá esta convocatoria que contará cunha partida orzamentaria de 14,7 M€.

Axudas á adquisición e ao alugueiro

Ademais da construción de vivendas, Martínez Allegue puxo en valor o paquete de axudas e incentivos para facilitar a adquisición de inmobles en concellos de menos de 10.000 habitantes, destinados a menores de 36 anos; en centros históricos; e para a compra de vivenda protexida.

Lembrou que aos menores de 36 anos que queiran comprar a súa primeira vivenda a Xunta lles ofrece avais de ata o 20% do prezo do inmoble, tendo concedido 99 na primeira edición desta iniciativa, por importe de máis de 1,8 M€. Ademais, desde o pasado 1 de marzo está aberta unha nova convocatoria para a que reserva unha partida de 5 M€.

A titular de Vivenda referiuse tamén ás achegas que complementan ás de eficiencia enerxética, financiadas con fondos Next Generation, tanto a vivendas construídas, como en proxecto ou en edificación. A este respecto lembrou que Galicia é unha das comunidades de maior cumprimento na execución destes fondos, xa que se esgotaron o 100% das axudas concedidas en 2022 e 2023 e este ano vanse destinar outros 37,3 M€ a este fin.

Apuntou, ademais, que se continuará co Programa de mobilización de vivendas baleiras para alugueiro a prezos limitados, co que a Xunta garante seguridade aos propietarios, financiando os seguros de impago e multirrisco no fogar. Neste sentido afeoulle ao BNG que ningún concello onde teñen responsabilidade de goberno se teña adherido a este programa co que a Xunta promove a saída ao mercado dos inmobles que están desocupados.

Aposta pola vivenda

A conselleira remarcou que a Xunta é moi consciente da situación na que se atopa o mercado da vivenda en Galicia, en contraposición ao que fai o Goberno central coa súa Lei de vivenda, polo que o Goberno galego continúa reforzando as medidas para paliar os efectos da suba dos prezos e está a fomentar a posta no mercado dos inmobles dispoñibles.

Defendeu que, para acadar unha maior oferta de vivendas no mercado o que hai que facer é ofrecerlles aos propietarios incentivos e garantías, como está a facer a Xunta, e non impoñerlles limitacións e obrigas, que os abocan a retirar eses inmobles do mercado, a vendelos ou dedicados a vivenda turística.

Destacou que a aposta da Xunta por favorecer o acceso á vivenda está reflectida no orzamento deste ano do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que aumenta un 26,4% ata preto de 178 M€, reservando o 45% dos seus investimentos a incentivar medidas de acceso á vivenda, e triplicando ata os 32 M€ os fondos para construír 737 vivendas públicas nas 7 grandes cidades galegas.

As contas autonómicas tamén recollen unha partida de preto de 32 M€ para manter os incentivos económicos á construción de inmobles destinados a alugueiro social e ás axudas aos inquilinos para pagar as súas rendas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23781 {"title":"A Xunta iniciará este verán as obras de construción ou rehabilitación de preto de 400 vivendas de promoción pública en distintos concellos galegos","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/240423+infraestruturas+c-2.jpg","id":"23781"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23781-xunta-iniciara-veran-as-obras-construcion-ou-rehabilitacion-preto-400-vivendas-promocion-publica-distintos-concellos-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.