O conselleiro de Sanidade reúnese con integrantes da Asociación Española Contra o Cancro da Coruña e de Ferrol coa vista posta na prevención

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Antonio Gómez Caamaño coincide coa entidade no valor dos cribados de cancro e a prevención do tabaquismo

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reuniuse esta tarde co presidente da Asociación Española contra o Cancro da Coruña, Manuel Aguilar, a presidenta da xunta local de Ferrol, Isabel Estevan, a vicepresidenta da xunta local de Ferrol, Isabel Sanesteban, e a xerente da asociación na Coruña, Gema García-Abril.

Na xuntanza o conselleiro e a asociación puxeron en común a relevancia dos programas de cribados poboacionais. Neste sentido, trataron a colaboración mutua para animar á participación no cribado de cancro colorrectal e, por outro lado, a recente posta en marcha do programa piloto de cancro de pulmón.

O conselleiro tamén coincidiu cos integrantes da asociación na necesidade de previr o tabaquismo na xuventude e regular os límites de novos produtos como os vapeadores, tal e como contempla a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención de condutas aditivas que o Goberno galego está a tramitar.

Ademais, Caamaño comprometeu a súa presenza o domingo na chegada da asociación a Santiago de Compostela na última etapa do Camiño Inglés, actividade que promove hábitos de vida saudables.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23780 {"title":"O conselleiro de Sanidade reúnese con integrantes da Asociación Española Contra o Cancro da Coruña e de Ferrol coa vista posta na prevención","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/sanidade1.jpg","id":"23780"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23780-conselleiro-sanidade-reunese-integrantes-da-asociacion-espanola-cancro-da-coruna-e-ferrol-coa-vista-posta-na-prevencion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.