A Xunta salienta que os certificados de aforro enerxético supoñen unha oportunidade para avanzar na descarbonización da economía

Imagen del artículo A Xunta salienta que os certificados de aforro enerxético supoñen unha oportunidade para avanzar na descarbonización da economía

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou nunha xornada sobre esta materia organizada pola asociación A3E

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, sinalou esta mañá, na apertura dunha xornada sobre certificados de aforro enerxético (CAEs), que estes supoñen unha oportunidade para avanzar en eficiencia e nos obxectivos de descarbonización. Así, Fernández Vila sinalou que este novo sistema permite que se valorice a execución de proxectos de aforro polos diferentes sectores económicos e sociais de forma máis áxil.

No encontro, organizado pola Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxética (A3E), o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais apuntou que o sistema de CAEs xorde da necesidade de xerar novos aforros de enerxía a través da realización de proxectos de eficiencia enerxética, e que, deste modo, España cumpra coas obrigas adquiridas coa Unión Europea neste eido. Ao mesmo tempo, facilítase o investimento en tecnoloxías de eficiencia enerxética impulsando un mercado neste sector.

Neste sentido, tal e como sinalou Fernández Vila, unha vez rexistrados na Comunidade Autónoma (en Galicia deben presentarse no Inega), os CAEs pódense liquidar ou comercializar, e así, á tan necesaria concienciación social de cumprimento dos obxectivos de descarbonización súmase un incentivo económico.

Así mesmo, Fernández Vila destacou que o Inega vén de informar favorablemente a primeira actuación susceptible de CAE en Galicia a semana pasada.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23776 {"title":"A Xunta salienta que os certificados de aforro enerxético supoñen unha oportunidade para avanzar na descarbonización da economía","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/85405-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23776"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23776-xunta-salienta-os-certificados-aforro-enerxetico-suponen-unha-oportunidade-avanzar-na-descarbonizacion-da-economia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.