A Xunta recibe 8 ofertas para executar as obras que completan a mellora da PO-234 entre Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas

  • As intervencións, licitadas por máis de 1 M€, centraranse no tramo da vía entre Laxoso e o cruce do Portasouto, incluíndo a mellora dos itinerarios peonís, da calzada e dos seus elementos para reforzar a seguridade viaria
  • Corrixirase o trazado e ampliarase a calzada ata os 7 metros de ancho, ademais de mellorar as interseccións dos viarios públicos coa estrada autonómica
  • O obxectivo da Xunta é iniciar as obras en xullo, cun prazo de execución de 8 meses
  • Esta nova intervención da Xunta completa o acondicionamento desta vía que une os núcleos de Ponte Caldelas e Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade, estando xa executadas as dúas fases anteriores cun investimento autonómico de preto de 1,25 M€

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu 8 ofertas de empresas para executar as obras de acondicionamento da estrada autonómica PO-234 entre Laxoso e o cruce do Portasouto, no concello de Ponte Caldelas.

A través desta intervención, licitada por máis de 1 M€, a Xunta completará as actuacións de mellora da PO-234 entre Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, incluíndo as obras a mellora puntual do trazado, a ampliación da calzada e a mellora das interseccións das vías públicas coa estrada autonómica.

O obxectivo da Xunta é adxudicar as obras neste mes de xuño e comezar os traballos en xullo, cun prazo de execución de 8 meses.

O investimento global desta nova intervención supera os 1,14 M€, tendo conta o pagamento dos predios precisos para executar a actuación, que abrangue o tramo de preto de 1,6 km da PO-234, entre os puntos quilométricos 2+580 e 4+150.

En concreto, os traballos inclúen a mellora puntual do trazado e a ampliación da calzada ata os 7 metros de ancho, acadándose 2 carrís de 3 metros e 2 beiravías de 0,50 metros, co obxecto de mellorar a seguridade viaria.

Tamén se intervirá nas interseccións e executaranse cunetas de seguridade e melloras da drenaxe transversal e lonxitudinal da vía. Ademais reporase a sinalización horizontal e vertical e as barreiras de seguridade flexibles.

Con esta actuación o Goberno galego completará o acondicionamento desta estrada autonómica que conecta os núcleos de Ponte Caldelas e Aguasantas, no municipio de Cerdedo-Cotobade, cuxas dúas primeiras fases foron xa executadas e supuxeron un investimento autonómico de preto de 1,25 M€.

A mellora desta vía dividiuse en tres fases. Xa está a disposición dos veciños o tramo mellorado entre o cruce do Portasouto e Aguasantas e tamén está acondicionado o treito entre Ponte Caldelas e Laxoso.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23773 {"title":"A Xunta recibe 8 ofertas para executar as obras que completan a mellora da PO-234 entre Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23773"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23773-xunta-recibe-8-ofertas-executar-as-obras-completan-mellora-da-po-234-cerdedo-cotobade-e-ponte-caldelas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.