A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo de Xestión de Bens Incautados neste tipo de delitos

Imagen del artículo A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo de Xestión de Bens Incautados neste tipo de delitos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Este servizo permite axilizar a actividade das unidades xudiciais encargadas destes asuntos, reducir os custos do depósito e xestión dos activos comisados e fomentar o uso social dos bens incautados

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, mantivo hoxe un encontro co decano do Ilustre do Colexio de Procuradores da Coruña, Javier Sánchez, e o xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGN), Fernando Alonso, para continuar co compromiso da Xunta no apoio á entidade a través dos convenios para o funcionamento do Servizo de Xestión de Bens Intervidos ao Narcotráfico ou para o desenvolvemento de actividades formativas e divulgativas.

No encontro abordouse, entre outros temas, a colaboración que se mantén desde 2015 para mellorar a xestión dos bens incautados en delitos de narcotráfico en Galicia. Deste xeito, as tres partes comprometéronse a manter a prestación deste servizo conxunto para axilizar a actividade das unidades xudiciais que se encargan destes asuntos no que se refire ás execucións e así maximizar o rendemento económico ao reducirse os custos de depósito e xestión dos activos comisados. Ao mesmo tempo, foméntase o retorno social dos bens incautados a través de accións antidroga mediante a adxudicación ou cesión de bens non vendidos a entidades sociais. A colaboración tamén inclúe a divulgación das vantaxes deste servizo nos órganos xudiciais.

O servizo de xestión de bens comisados é coordinado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico en colaboración co Ilustre Colexio de Procuradores da Coruña, en cuxas dependencias se depositan os bens mentres se realizan as xestións para a poxa autorizada pola autoridade xudicial. A colaboración da fundación coas autoridades xudiciais abarca desde a incautación ata a o remate do proceso de prestación do servizo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23771 {"title":"A Xunta reafirma o compromiso coa loita contra o narcotráfico a través do Servizo de Xestión de Bens Incautados neste tipo de delitos","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/20240423DXXReunionFGN1.jpeg","id":"23771"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23771-xunta-reafirma-compromiso-coa-loita-narcotrafico-traves-do-servizo-xestion-bens-incautados-neste-tipo-delitos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.