Sanxenxo renovará o sendeiro do río Pintillón e o acceso á praia de Panadeira grazas a unha achega de preto de 130.000 euros da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou o sendeiro que percorre a praia de Areas para anunciar as axudas outorgadas en toda a área territorial
  • A subvención inclúe tamén unha achega de 13.500 euros para a realización dun vídeo que promova o turismo no concello
  • Trátase dunhas axudas para o embelecemento do litoral que tamén inclúen accións nos concellos de A Guarda, Marín, Vilaboa e Vilanova de Arousa

Sanxenxo (Pontevedra), 23 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o acceso da praia de Areas e o sendeiro do litoral do río Pintillón, no Concello de Sanxenxo, unha área que será reformada grazas ás axudas de embelecemento do litoral da Xunta.

Este proxecto inclúe 64 iniciativas beneficiarias en 41 concellos do litoral galego en toda Galicia que comprenden desde melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras.

Así, o concello de Sanxenxo recibiu un total de tres achegas que suman máis de 128.000 euros. A primeira permitirá rematar a renovación do acceso visitado e a senda peonil. Actualmente o ultimo tramo do paseo atópase en malas condicións, polo que estes traballos permitirán renovar a imaxe deste espazo. Para este fin a Xunta concedeu unha axuda de 71.000 euros.

A resolución das axudas para o embelecemento do litoral tamén inclúe unha achega de máis de 43.500 euros para a mellora do acceso peonil da praia de Panadeira e unha terceira achega de preto de 13.500 euros para a realización dun vídeo que potencie a imaxe de Sanxenxo como un destino turístico de calidade.

Cabe destacar que xa o ano pasado, o concello de Sanxenxo foi un dos grandes beneficiados por esta convocatoria de axudas, recibindo un total de 137.000 euros que permitiron mellorar a accesibilidade do sendeiro litoral Magor - A Lanzada; realizar a pasarela de Bordóns no sendeiro litoral de Aldaríz e elaborar unha guía turística interactiva. 

Neste sentido, o delegado territorial destacou o traballo do concello de Sanxenxo e do seu alcalde que "sempre está atento á saída deste tipo de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva e aproveita todas as oportunidades para mellorar o seu concello".

A convocatoria deste ano contou cun orzamento de máis de 2.7 millóns de euros,dos cales máis de 320.000 corresponden a oito concellos da área territorial de Pontevedra. Entre eles, ademais do concello de Sanxenxo, atopase o concello de A Guarda que suma 60.000 euros de axudas; o concello de Marín, con 39.100 euros; o concello de Vilaboa, con 16.117 euros; e o de Vilanova de Arousa, con 80.000 euros.

Trátase da segunda convocatoria da liña de axudas para levar a cabo acciones de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation.

Reguera rematou a visita lembrando a importancia dunha boa colaboración entre administracións: "Temos que seguir apostando polo contacto cos alcaldes e alcaldesas porque son eles e elas as que mellor coñecen as necesidades da súa veciñanza".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23766 {"title":"Sanxenxo renovará o sendeiro do río Pintillón e o acceso á praia de Panadeira grazas a unha achega de preto de 130.000 euros da Xunta","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/1Sanxenxo.jpeg","id":"23766"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23766-sanxenxo-renovara-sendeiro-do-rio-pintillon-e-acceso-praia-panadeira-grazas-unha-achega-preto-130-000-euros-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.