O Sergas cubre todas as prazas de facultativos ofertadas por concurso de méritos para 174 postos de difícil cobertura nos hospitais comarcais e en saúde mental

Imagen del artículo O Sergas cubre todas as prazas de facultativos ofertadas por concurso de méritos para 174 postos de difícil cobertura nos hospitais comarcais e en saúde mental

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase de persoal facultativo de 93 especialidades que se incorporará a hospitais comarcais e, para as sete áreas sanitarias, 44 psiquiatras e 37 psicólogos no ámbito da saúde mental
  • Dispoñen dun mes para incorporarse desde mañá mércores
  • Este proceso realizouse en execución da pioneira Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura e así poder resolver o proceso selectivo en menos dun ano
  • O Diario Oficial de Galicia tamén publica hoxe a orde de puntuacións de case 2.000 persoas admitidas ao concurso de méritos de facultativo especialista e médico de urxencias

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

A partir de mañá, tras publicar hoxe o seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, vanse incorporar 174 novos facultativos a postos de difícil cobertura a través do sistema de concurso de méritos, que lles permite ter acceso á condición de persoal estatutario fixo sen necesidade de realizar os exames propios dunha oposición, e valorando principalmente a súa experiencia previa, formación e publicacións. 

Este proceso realizouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura. Desta forma, pioneira no Sistema Nacional de Saúde, o proceso selectivo resolveuse en menos dun ano. 

Con esta convocatoria, na que se cubriron todas as prazas ofertadas, reforzarase a asistencia á poboación nos hospitais comarcais, con 93 profesionais de diversas especialidades. Estes profesionais incorporaranse aos hospitais de Cee (6 especialistas), Barbanza (10 especialistas), A Mariña (16 especialistas), Monforte de Lemos (20 especialistas), Valdeorras (16 especialistas), Verín (14 especialistas) e O Salnés (11 especialistas), por resolución do 17 de abril da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Tamén se reforza moi especialmente o ámbito da saúde mental, con 81 novos especialistas (44 psiquiatras e 37 psicólogos). Estes profesionais incorporaranse nas sete áreas sanitarias coa seguinte distribución: 16 na área da Coruña e Cee (10 psiquiatras e 6 psicólogos); 8 na de Ferrol (3 psiquiatras e 5 psicólogos); 14 na de Santiago de Compostela e A Barbanza (8 psiquiatras e 6 psicólogos); 10 na área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos (6 psiquiatras e 4 psicólogos); 5 na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (1 psiquiatra e 4 psicólogos); 19 na área de Vigo (11 psiquiatras e 8 psicólogos) e, finalmente, 9 na área de Pontevedra e O Salnés (5 psiquiatras e 4 psicólogos).

Os especialistas nomeados disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada, é dicir, ata o 23 de maio. O Sergas ten previsto un procedemento para que, se algún facultativo non se incorpora, se poida seleccionar a novos aspirantes.

Con esta nova resolución, e tras a recente incorporación de novo persoal fixo médico e pediatra de atención primaria, e pediatra de atención hospitalaria, a Xunta de Galicia continúa a traballar na execución da Lei 2/2022, para paliar o déficit de profesionais sanitarios en determinados ámbitos e garantir a asistencia sanitaria a toda a poboación galega.

Estabilización de médicos de urxencias e especialistas

Por outro lado, o DOG hoxe publica a resolución do 15 de abril pola que se declaran as persoas admitidas e as súas puntuacións provisionais para as categorías de médico de urxencias hospitalarias e en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área. 

Neste proceso de estabilización que o Sergas desenvolve por concurso de méritos resultaron admitivas 1.735 personas a facultativo especialista de área e 186 na categoría de médico de urxencias, que é a que conta cun maior número de aspirantes. A continuación, 118 participantes foron admitivos na especialidade de medicina interna e 98, en pediatría e as súas áreas específicas.

Ofértanse 32 prazas para médico de urxencias e 343 para as especialidades de alergoloxía, análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, anxioloxía e cirurxía vascular, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía cardiovascular, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, cirurxía xeral e aparello dixestivo, dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, farmacoloxía clínica, hematoloxía e hemoterapia, inmunoloxía, medicina do traballo, medicina física e rehabilitación, medicina intensiva, medicina interna, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neurocirurxía, neurofisioloxía clínica, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, oncoloxía radioterápica, otorrinolaringoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, pneumoloxía, psicoloxía clínica, psiquiatría, radiodiagnóstico, radiofísica hospitalaria, reumatoloxía, uroloxía e xeriatría. 

Contra os resultados da baremación provisional, as persoas admitidas dispoñen de 10 días hábiles para presentar reclamacións, é dicir, do 24 de abril ao 8 de maio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23754 {"title":"O Sergas cubre todas as prazas de facultativos ofertadas por concurso de méritos para 174 postos de difícil cobertura nos hospitais comarcais e en saúde mental","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/201005+investigacion_idis+27a.jpg","id":"23754"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23754-sergas-cubre-as-prazas-facultativos-ofertadas-concurso-meritos-174-postos-dificil-cobertura-nos-hospitais-comarcais-e-saude-mental https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.