A Xunta colaborará coa Asociación Empresarial Galega de Ascensores para abordar a aplicación da normativa estatal de instrucións técnicas de seguridade

Imagen del artículo A Xunta colaborará coa Asociación Empresarial Galega de Ascensores para abordar a aplicación da normativa estatal de instrucións técnicas de seguridade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Segundo estimacións da propia asociación, a normativa afecta en Galicia a máis de 65.000 ascensores 
  • Entre as principais modificacións que introduce, figura a obriga das empresas conservadoras de ascensores de deixar o aparello fóra de servizo se, transcorrido o prazo do vencemento da inspección periódica correspondente, esta non se ten realizado
  • O secretario xeral de Industria avanza que, no seo do Consello Galego de Seguridade Industrial, vaise crear un grupo de traballo específico no que se tratarán as necesidades do sector e as vías de colaboración 

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, reuniuse estes días con representantes da Asociación Empresarial Galega de Ascensores (Aega) para abordar os detalles da nova Instrución Técnica Complementaria de ascensores aprobada polo Goberno central o pasado 2 de abril e que entrará en vigor o vindeiro 1 de xullo.

Segundo estimacións da propia asociación, a normativa afecta en Galicia a máis de 65.000 ascensores e, entre as principais modificacións que introduce, figura a obriga das empresas conservadoras de ascensores de deixar o aparello fóra de servizo se, transcorrido o prazo do vencemento da inspección periódica correspondente, esta non se ten realizado.

Neste contexto, o secretario xeral de Industria manifestou a disposición da Xunta a colaborar coa Asociación Empresarial Galega de Ascensores para abordar  conxuntamente o modo en que se vai aplicar a normativa estatal  na comunidade. Así mesmo, e no marco da nova liña de colaboración aberta entre a Administración galega e Aega, Vázquez avanzou que no seo do Consello Galego de Seguridade Industrial vaise crear un grupo de traballo específico para actualizar coñecementos e no que se abordarán as principais necesidades do sector e posibles vías de cooperación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23752 {"title":"A Xunta colaborará coa Asociación Empresarial Galega de Ascensores para abordar a aplicación da normativa estatal de instrucións técnicas de seguridade","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/22042024+SX+Industria_Aega_1.jpeg","id":"23752"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23752-xunta-colaborara-coa-asociacion-empresarial-galega-ascensores-abordar-aplicacion-da-normativa-estatal-instrucions-tecnicas-seguridade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.