A Xunta inviste 2 M€ na mellora das infraestruturas turísticas de preto de 70 concellos do rural galego

Imagen del artículo A Xunta inviste 2 M€ na mellora das infraestruturas turísticas de preto de 70 concellos do rural galego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas de Turismo de Galicia para a diversificación do turismo nos concellos de menos de 10.000 habitantes
  • Tamén se publican as axudas para embelecemento do litoral cun investimento de 2,7M€ das que se beneficiaron 67 proxectos de 41 concellos galegos

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da liña de axudas destinada a concellos galegos de menos de 10.000 habitantes coas que a Xunta de Galicia busca o impulso e consolidación turística do rural galego ao tempo que promove a diversificación turística polo territorio. En total foron beneficiarios 67 concellos cun investimento global de 2M€.

Como se indica na resolución, entre os beneficiarios inclúense iniciativas para a posta en valor da súa riqueza histórica, acondicionamento de sendeiros, sinalización turística, construción de miradoiros, acondicionamento de recursos culturais, patrimoniais e paisaxísticos. Ademais, tamén hai actuacións de posta en valor turístico dos recursos e  proxectos centrados na rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos así como proxectos con melloras de accesibilidade como eliminación de barreiras arquitectónicas, entre outras.

Xunto a estas axudas, o Diario Oficial de Galicia tamén publica a resolución da segunda convocatoria destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de 2,7M€. Neste caso foron beneficiarios un total de 64 proxectos en 41 concellos do litoral galego que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras.

Neste caso é unha das axudas do Plan de Sustentabilidade Turística do Litoral que, cun investimento global de 29,3M€, se enmarca no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camiño á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos. Inclúe a posta en marcha de medidas transversais destinadas ao litoral galego como dúas convocatorias anteriores para concellos e establecementos para rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, xa resoltas, e ademais, entidades locais están executando distintos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23751 {"title":"A Xunta inviste 2 M€ na mellora das infraestruturas turísticas de preto de 70 concellos do rural galego","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887187\/20240423+ResolucionsDOG.png","id":"23751"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23751-xunta-inviste-2-m-na-mellora-das-infraestruturas-turisticas-preto-70-concellos-do-rural-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.