A Xunta inicia a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o alto do faro e na LU-533 ao paso por Chantada e O Saviñao

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As intervencións supoñen un investimento autonómico de máis de 2 millóns de euros e están a comezar por un treito de 13,5 quilómetros da vía CG-2.1, no concello de Chantada
  • O contrato tamén inclúe a actuación nun treito de algo máis de 4,4 quilómetros da LU-533, no seu percorrido polos concellos de Chantada e do Saviñao
  • Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses e consisten na rehabilitación e na reposición do pavimento, ademais do repintado das marcas viarias
  • A actuación completa a mellora do firme levada a cabo no eixe Monforte-Chantada-Lalín na provincia de Lugo, cun investimento autonómico de máis de 1,9 M€
  • A Xunta segue traballando para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024

A Xunta vén de comezar as obras de mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro (CG-2.1) e na LU-533, ao paso polos concellos de Chantada e do Saviñao, unhas actuacións que supoñen un investimento autonómico de máis de 2 M€.

Os traballos, cun prazo de execución de 6 meses, iniciáronse no tramo de 13,5 quilómetros da estrada CG-2.1, que discorre polo concello de Chantada. Neste caso, intervirase no treito comprendido entre o quilómetro 29+450, intersección coa estrada N-540, ao norte do núcleo urbano de Chantada, ao 42+950, no límite provincia Lugo.

A previsión é traballar nesta estrada ata finais de maio, período no que se dará tráfico alternativo por un só carril no punto en que se estea intervindo en cada momento. No verán disporase a nova capa de rodaxe.

O contrato tamén inclúe a intervención nun treito de algo máis de 4,4 quilómetros da LU-533, no seu percorrido polos concellos de Chantada e do Saviñao. O tramo de actuación comeza no núcleo urbano de Chantada, á altura do quilómetro 1+760 e ata o 6+175, en Escairón.

Trátase da rehabilitación do firme mediante o fresado localizado e a reposición de 5 centímetros de espesor a carril completo, e a aplicación cun espesor de 3 centímetros no ancho da plataforma e en toda a lonxitude das estradas. Estas actuacións completaranse mediante o pintado da sinalización horizontal.

As intervencións completan a mellora do firme xa levada a cabo no eixe Monforte-Chantada-Lalín na provincia de Lugo, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria. A última delas realizouse no ano 2021 nas estradas CG-2.1, no treito Monforte de Lemos-Escairón, e na LU-533, cun investimento de máis de 1,9 M€.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando este ano 53M€ á súa conservación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23730 {"title":"A Xunta inicia a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o alto do faro e na LU-533 ao paso por Chantada e O Saviñao","published_date":"2024-04-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/85108-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23730"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-22/23730-xunta-inicia-mellora-do-firme-na-via-altas-prestacions-monforte-lemos-e-alto-do-faro-e-na-lu-533-ao-paso-chantada-e-savinao https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.