A Xunta promove entre o sector turístico galego sesións formativas para poñer en marcha o maior corredor ecoturístico de Europa no norte peninsular

Imagen del artículo A Xunta promove entre o sector turístico galego sesións formativas para poñer en marcha o maior corredor ecoturístico de Europa no norte peninsular

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Celebraranse o luns en Santiago de Compostela e o martes en Sober no marco desta iniciativa financiada con fondos Next Generation e que se leva a cabo co resto de comunidades da España Verde: Asturias, Cantabria e País Vasco
  • Ofreceranse as claves para crear experiencias turísticas sustentables en espazos naturais protexidos e crearase unha rede de axentes colaboradores no territorio

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024

Galicia acolle esta semana a celebración de distintos obradoiros formativos dirixidos ao sector turístico galego para a posta en marcha do que será o maior corredor ecoturístico de Europa no norte peninsular, co apoio da Xunta de Galicia. Trátase da iniciativa na que participa Galicia en colaboración co resto de comunidades autónomas da marca turística da España Verde.

Así, este luns está prevista a primeira xornada en Santiago de Compostela dirixida ás empresas acreditadas coa Carta Europea de Turismo Sustentable da Federación Europarc no Parque Nacional das Illas Atlánticas e as empresas vinculadas á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. O martes a cita será en Sober (Lugo), para empresas participantes no proceso de acreditación en ecoturismo e sustentabilidade na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucense, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, a Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, así como do Xeoparque Montañas do Courel.

Os obradoiros formarán e orientarán ás empresas participantes no deseño de experiencias de ecoturismo que cumpran uns estándares e criterios de sustentabilidade, contribución á conservación da biodiversidade e apoio ao desenvolvemento local. O proxecto está impulsado por Galicia e o resto de Comunidades autónomas da España Verde (Asturias, Cantabria e Euskadi) e conta cun orzamento de máis de 900.000€ de fondos Next Generation.

Con este proxecto búscase a creación e promoción turística de experiencias de ecoturismo a través dunha gran ruta que sirva para poñer en valor os espazos naturais protexidos onde as empresas turísticas participantes configurarán estas experiencias. Trátase dunha oportunidade para que Galicia avance nun modelo turístico sustentable desde o punto de vista social e ambiental e para reforzar o impulso turístico do rural.  A conclusión do proxecto está prevista para novembro de 2024.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23722 {"title":"A Xunta promove entre o sector turístico galego sesións formativas para poñer en marcha o maior corredor ecoturístico de Europa no norte peninsular","published_date":"2024-04-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/84899-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23722"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-21/23722-xunta-promove-sector-turistico-galego-sesions-formativas-poner-marcha-maior-corredor-ecoturistico-europa-norte-peninsular https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.