A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta identifica ao presunto autor de varios lumes no concello ourensán de Calvos de Randín

Imagen del artículo A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta identifica ao presunto autor de varios lumes no concello ourensán de Calvos de Randín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Tras un traballo de investigación dende que se produce o primeiro dos incendios o 14 de abril, conseguiuse recadar nas primeiras dilixencias probas indiciarias suficientes para poñer ao presunto autor a disposición xudicial

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024

Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de identificar ao presunto autor de varios lumes na parroquia de Lobás, no concello ourensán de Calvos de Randín, ao longo deste mes de abril.  

Despois dun traballo de investigación que comezou co primeiro dos lumes -o pasado 14 de abril-, e en colaboración cos axentes ambientais e bombeiros forestais do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) que exercen as súas funcións nesa parte do territorio, conseguiuse recadar probas indiciarias suficientes para poñer a disposición xudicial ao presunto autor de varios incendios que afectaron, en total, unha superficie aproximada de 3 hectáreas.

O presunto autor é un varón veciño do lugar de Lobás, que provocara os lumes coa intención de queimar a vexetación no entorno das parcelas da súa propiedade. Unha vez rematadas as primeiras dilixencias serán remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Bande. 

A unidade UIFO ten abertas numerosas investigacións en lugares onde recentemente se detectou actividade incendiaria, nesa mesma zona da Limia e noutras zonas de Galicia. 

Unha das investigacións abertas por parte desta unidade de investigación de incendios forestais é a do incendio forestal que afectou recentemente o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23721 {"title":"A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta identifica ao presunto autor de varios lumes no concello ourensán de Calvos de Randín","published_date":"2024-04-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/84898-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23721"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-21/23721-unidade-investigacion-incendios-forestais-uifo-da-xunta-identifica-ao-presunto-autor-varios-lumes-concello-ourensan-calvos-randin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.