O conselleiro de Cultura inaugura a nova biblioteca municipal María Magdalena de Mos

  • José López destaca que a reforma integral permite dotar a este contedor cultural de novos espazos infantís, tecnolóxicos e máis recursos audiovisuais 
  • O investimento da Xunta de Galicia ascendeu a 250.000 euros 

Mos (Pontevedra), 20 de abril de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, inaugurou esta mañá a nova biblioteca municipal María Magdalena de Mos, cuxa reforma integral contou co apoio do Goberno galego. Neste sentido, destacou o compromiso das administracións públicas -neste caso Concello, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia- de cara a mellorar os espazos culturais. 

O titular de Cultura lembrou que un dos obxectivos prioritarios da Consellería é facilitar e mellorar o acceso á cultura de todos os galegos, "e as bibliotecas públicas son unha parte indispensable que garante ese acceso á cultura desde o máis próximo, desde o local", remarcou. 

Esta reforma integral, na que a Xunta investiu 250.000 euros a través dun convenio de colaboración, permite dotar este contedor cultural dunha nova zona infantil de lectura, sala de estudo, así como áreas de informática e novos sistemas audiovisuais. Así mesmo, tamén se facilitou a accesibilidade. 

Rede de bibliotecas de Galicia

A biblioteca María Magdalena de Mos, que recorda no seu nome á súa veciña poeta que destacou por reivindicar o papel da muller no rural, súmase á rede de bibliotecas públicas de Galicia, integrada por 312. No ano 2023 sumaron máis de 800.000 usuarios, realizaron case 2 millóns de préstamos e dinamizaron 12.000 actividades. 

O conselleiro tamén puxo en valor as bibliotecas móbiles de Lugo e Ourense, que permiten achegar estes servizos a concellos que non dispoñen deles, e avanzou a posta en funcionamento dunha nova.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23715 {"title":"O conselleiro de Cultura inaugura a nova biblioteca municipal María Magdalena de Mos","published_date":"2024-04-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23715"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-20/23715-conselleiro-cultura-inaugura-nova-biblioteca-municipal-maria-magdalena-mos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.