O conselleiro de Sanidade subliña o traballo dos profesionais na primeira reunión cardioprimaria en Lugo

  • O máximo responsable do Sergas, pon en valor o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio, instaurado pola Xunta no 2005, e pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial

Lugo, 19 de abril de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, interveu hoxe no acto inaugural da I Reunión CardioPrimaria, que organiza a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), subliñando o traballo dos profesionais. Segundo dixo o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, esta reunión servirá para coñecer os últimos avances en termos de prevención e manexo dos pacientes, e para subliñar a estreita relación entre os profesionais de cardioloxía hospitalaria e a atención primaria.

Na súas verbas, o conselleiro remarcou o papel fundamental da e-interconsulta e, ao respecto dixo que, no pasado ano, os profesionais do Sergas realizaron preto de 33.000 de cardioloxía, todas elas procedentes de atención primaria.

Do mesmo xeito, cómpre salientar a aplicación de ferramentas como HERMES, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, así como o gran esforzo que se está a realizar na totalidade das áreas para potenciar as consultas de alta resolución, tentando resolvelas no mesmo día.

Segundo o conselleiro, quen estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Ramón Ares, e pola presidenta da SEMG, Pilar Rodríguez Ledo, a enfermidade coronaria ten que ser unha prioridade e, por iso, no 2005 a Xunta puxo en marcha o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio (PROGALIAM), que é pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial.

Este programa, -proseguiu o conselleiro-, foi precursor á hora de desenvolver unha rede capaz de identificar, dun xeito precoz, os pacientes que sofren un infarto agudo de miocardio. Na súa actualización, Caamaño dixo que foi crucial a colaboración dos profesionais de atención primaria.

Cómpre remarcar que, no ano 2014, o Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa que animaba á creación dun rexistro único de ámbito galego capaz de recoller toda a información sobre morbimortalidade no que atinxe ao infarto agudo de miocardio. O traballo do Executivo galego materializouse na Orde da que xorde o Rexistro galego de infarto agudo de miocardio (REGALIAM).

Na súa intervención, Caamaño incidiu en que, no que atinxe á saúde cardiovascular, o Sergas está a desenvolver un proceso asistencial de cara á atención ao shock cardioxénico, co obxectivo de facilitar a administración de tratamentos avanzados e mellorar a supervivencia destes pacientes.

Aposta pola tecnoloxía

O conselleiro puxo en valor que a Xunta segue a facer unha aposta decidida pola tecnoloxía máis innovadora, e conta xa cunha prestación consolidada en toda a rede do Sergas como é a telemedicina. Así, Galicia dispón da plataforma TELEA, ferramenta de teleasistencia domiciliaria para o seguimento e contacto entre pacientes crónicos e profesionais sanitarios.

A través de TELEA, iniciativa única a nivel internacional no ámbito sanitario e sociosanitario, estase a facer un seguimento de máis de 4.500 doentes, con preto de sete millóns de biomedidas rexistradas, -concluíu o conselleiro-.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23713 {"title":"O conselleiro de Sanidade subliña o traballo dos profesionais na primeira reunión cardioprimaria en Lugo","published_date":"2024-04-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23713"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23713-conselleiro-sanidade-sublina-traballo-dos-profesionais-na-primeira-reunion-cardioprimaria-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.