A Xunta recoñecerá, por primeira vez, os mellores proxectos de investigación dos estudantes que cursan o Bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía

  • Trátase dunha iniciativa novidosa da Consellería de Educación co fin de valorar o traballo desenvolvido polos colexios e institutos que participan no STEMBach
  • Os aspirantes dispoñen de prazo ata o día 6 de maio para presentar as súas propostas, que incluirán información xeral, memoria e vídeo explicativo das mesmas

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024

A Xunta de Galicia vai recoñecer este curso, por primeira vez, os mellores proxectos de investigación realizados polos centros educativos no marco do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMBach, unha iniciativa que ten como finalidade impulsar a formación STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), e as habilidades científico-tecnolóxicas, en especial no tratamento de datos e na incorporación da intelixencia artificial á sociedade, así como fomentar as vocacións neste eido entre os máis novos.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ten aberta a convocatoria deste recoñecemento aos mellores proxectos STEMBach desenvolvidos no actual curso 2023-24, aos que poderán optar os 45 centros educativos que actualmente ofertan este Bacharelato de excelencia, que dispoñen de prazo ata o día 6 de maio para presentar as súas propostas.

Esta acción é unha das medidas dirixidas a potenciar este programa, que se suma ao recoñecemento, por parte das universidades galegas, con créditos ECTS ao alumnado que cursa este Bacharelato STEM no que é a súa primeira aproximación ao mundo universitario.

A convocatoria vai dirixida aos 304 alumnos que actualmente están matriculados en 2º de Bacharelato e nunha materia extracurricular de afondamento no ámbito STEM. Os aspirantes, de xeito individual ou en grupo, deberán presentar un traballo de investigación coa información xeral do proxecto (título, autor, titores, persoa docente codirectora e resumo do mesmo), unha memoria e un vídeo de presentación.

Fases preeliminar e final

Unha vez rematada a presentación de solicitudes, os aspirantes deberán superar dúas fases que suman un máximo de 200 puntos a razón de 100 por cada unha delas.

Na fase preliminar, a comisión de selección (integrada por representantes da Consellería e das tres universidades públicas galegas) realizará unha preselección de candidatos que pasarán á fase final. Nesta parte avaliaranse criterios científico-técnicos (metodoloxía empregada, análise dos resultados, presentación dos mesmos, conclusións...), a memoria do proxecto (coherencia e calidade, estrutura e extensión, emprego de linguaxe científica axeitada, bibliografía...) e o vídeo de presentación (fluidez do mesmo, creatividade e orixinalidade, emprego de recursos visuais...).

Na fase final, os aspirantes deberán expoñer e defender os seus proxectos durante un acto público. Nesta parte avaliaranse criterios como a puntuación acadada na fase preliminar, se a exposición está ben estruturada e organizada, a presentación clara, coherente e fluída dos contidos, os recursos audiovisuais ou de apoio empregados para axudar a comprender mellor a exposición e a resolución coherente das cuestións.

Finalmente seleccionaranse os tres mellores proxectos de investigación, que recibirán un recoñecemento especial e distintivo por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP no que se subliña o esforzo e o traballo realizado polos alumnos. Non obstante, todos os centros, profesorado e alumnos participantes recibirán tamén un recoñecemento e mención da súa participación nesta convocatoria.

STEMBach en Galicia

Enmarcado na Estratexia Educación Dixital, Edudixital 2030, a Consellería de Educación puxo en marcha por primeira vez o STEMBach no curso 2018-19, un programa educativo de dous cursos académicos de duración ao que pode incorporarse o alumnado de calquera das modalidade de Bacharelato e no que cursan unha materia extracurricular de afondamento relacionada co ámbito STEM. Os participantes desenvolven un proxecto de investigación, no segundo curso desta etapa, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias cursadas na etapa, codirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realizará unha defensa do traballo en sesión pública.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23703 galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23703-xunta-reconecera-primeira-vez-os-mellores-proxectos-investigacion-dos-estudantes-cursan-bacharelato-excelencia-ciencias-e-tecnoloxia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.