A Xunta somete a información pública o proxecto de conexión dun viario de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301, en Vilanova de Arousa, que suporá un investimento de máis de 620.000 €

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o trámite administrativo dunha actuación que ten como obxectivo darlle funcionalidade a esa vía como alternativa á estrada da deputación Baión-András, mellorando a seguridade e a mobilidade dos veciños
  • Uniranse as vías autonómicas PO-301, PO-300 e PO-531, que son vertebradoras do territorio do Salnés, partindo da intersección da PO-300 coa PO-301 en Ponte Arnelas, e tendo como punto final a PO-531 no quilómetro 17+180
  • Prevese aprobar definitivamente o proxecto no outono para realizar a convocatoria dos actos expropiatorios e licitar as obras no primeiro trimestre de 2025
  • As persoas interesadas poderán presentar alegacións ao citado proxecto por un prazo de 30 días hábiles, a contar desde mañá

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de conexión dun viario de concentración parcelaria, situado no concello de Vilanova de Arousa, coas estradas autonómicas PO-531 e PO-301.

O obxectivo deste proxecto, que suporá un investimento autonómico de máis de 620.000 €, é darlle funcionalidade a ese viario, como alternativa á estrada provincial EP-9701, Baión-András, a través da execución duns entronques coas estradas autonómicas PO-301 e a PO-531.

Trátase de unir as estradas autonómicas PO-301, PO-300 e PO-531, que son vertebradoras do territorio do Salnés, con tráficos importantes nos treitos obxecto desta actuación, partindo da intersección da estrada PO-300 coa PO-301 en Ponte Arnelas e tendo como punto final a estrada PO-531 no seu punto quilométrico 17+180.

Co procedemento que hoxe anuncia o DOG, tamén se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización desta actuación.

Cómpre lembrar que as persoas interesadas poderán presentar alegacións ao citado proxecto, por un prazo de 30 días hábiles, a contar desde mañá.

No seguinte enlace pódese ampliar esta información publicada no DOG de hoxe: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240419/AnuncioG0181-090424-0001_gl.html

A previsión da Xunta é poder aprobar o proxecto no outono, para a finais de ano poder realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións e licitar a execución das obras no primeiro trimestre de 2025. O prazo de execución das obras é de 12 meses.

Nos últimos anos, no marco de actuacións levadas a cabo pola Consellería do Medio Rural, configurouse ese viario que pode ter a mesma funcionalidade que a estrada provincial EP-9701, xa que presenta un trazado máis recto e evita o paso polos núcleos urbanos. Deste xeito, este proxecto procura a mellora da seguridade viaria, tanto dos vehículos como das persoas que viven a carón da vía provincial, que verá diminuído o seu tráfico, ao aproveitarse todo o potencial dese novo viario.

Para a configuración das interseccións, no caso da estrada PO-531, o proxecto que se somete hoxe a información pública propón a conexión mediante un cambio de sentido con carril central de espera, á altura do quilómetro 17+180 da vía autonómica. A semiglorieta terá 5 metros de radio exterior con carril central de espera de 3 metros de ancho, e o carril será de 4 metros de ancho.

A vía de conexión entre as interseccións e o viario de concentración parcelaria terá dous carrís de 3 metros de ancho e na estrada PO-301 terá ademais beirarrúas de 2 metros de ancho.

No referente á conexión coa PO-301 e a PO-300, o novo eixe conectarase á glorieta existente no cruce das estradas PO-301 e PO-300 coa estrada provincial EP-9511. A glorieta modificarase, pasando dunha morfoloxía circular actual a unha oval. Terá 21 metros de eixe maior e 14 de eixe menor. Disporá de 2 carrís de 4 metros de ancho con 2 beiravías, gorxal interior adoquinado de 1,40 metros de ancho e illa central con céspede natural.

Na intervención, ademais, prevese a construción de muros de contención para reducir a ocupación do terraplén no caso da PO-531 e para evitar a afección ao río existente na contorna da PO-301.

Tamén se prevé a prolongación de obra de drenaxe ao paso do río baixo a glorieta de Ponte Arnelas e a reposición  das beirarrúas que resulten afectadas polas obras.

Ademais, adecuarase a sinalización, tanto horizontal como vertical, á nova  configuración da vía. Así mesmo, nas zonas nas que exista desnivel na marxe, tanto na conexión da estrada PO-531 como na PO-301, disporanse sistemas de contención na marxe do novo viario.

O Goberno galego segue a traballar no impulso de actuacións que favorecen unha Galicia mellor conectada e máis vertebrada, mellorando as comunicacións nos municipios e favorecendo unha mobilidade máis cómoda, segura e sustentable.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23700 galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23700-xunta-somete-informacion-publica-proxecto-conexion-dun-viario-concentracion-parcelaria-coas-estradas-po-531-e-po-301-vilanova-arousa-supora-investimento-mais-620-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.