A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a construción dunha senda na estrada autonómica PO-407 ao paso polo concello do Porriño

Imagen del artículo A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a construción dunha senda na estrada autonómica PO-407 ao paso polo concello do Porriño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio deste trámite, así como os bens, dereitos e propietarios afectados para executar esta actuación, que suporá un investimento de 425.000 €
  • Trátase de habilitar un itinerario de preto de 1 km pola marxe dereita desta vía, para a disposición dun novo espazo seguro para tránsito peonil e independente da calzada nunha zona con vivendas e de acceso ao colexio público Cruz de Budiño
  • A senda executarase no treito da vía entre os puntos quilométricos 0+130 e 1+020 cun ancho mínimo de 1,80 metros e bordo, agás nun punto onde existe unha estrutura
  • O proxecto inclúe actuacións complementarias de acondicionamento de paradas de autobús e a colocación de pavimento táctil nos vaos peonís

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para executar unha senda peonil na estrada autonómica PO-407, no concello do Porriño.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio do inicio do trámite de información pública necesario para executar un itinerario de preto de 1 quilómetro de lonxitude na marxe dereita desta vía, que discorre integramente polo municipio e cun tráfico maioritariamente local, cunha importante funcionalidade ao contar con vivendas na súa traza e dar acceso a un equipamento educativo como o colexio público Cruz de Budiño.

A Xunta destinará un orzamento de 425.000 euros a estas obras que contribuirán á mellora de seguridade neste tramo, especialmente para os peóns.

O DOG tamén fai pública hoxe a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto: No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240419/AnuncioG0181-040424-0001_gl.html

En concreto, o proxecto que se somete hoxe a información pública consiste na construción dunha senda no treito da estrada PO-407 comprendido entre os puntos quilométricos 0+130 e 1+020, creando un espazo seguro para o tránsito peonil independente da calzada, xa que esta carece na actualidade dunha zona destinada á circulación dos peóns.

A intervención deseñada polo departamento de Infraestruturas da Xunta permitirá a execución dunha senda en formigón coloreado de ancho mínimo de 1,80 metros, agás na contorna do punto quilométrico 0+750, onde existe unha estrutura que fai que o ancho da senda oscile entre os 1,70 metros e os 90 centímetros.

De cara a facilitar a accesibilidade, nos vaos peonís previstos, colocarase pavimento táctil de botóns ou direccional, formado por baldosas de 30x30 centímetros sobre unha base de formigón. O pavimento táctil, indicador de advertencia ou proximidade a puntos de perigo, situarase nos extremos da senda para indicar o final da mesma, así como nas paradas de autobús ou nos pasos de peóns para advertir a posibilidade de cruzamento con seguridade.

As obras previstas inclúen melloras da seguridade adicionais, como o acondicionamento das paradas de autobús existentes nos puntos quilométricos 0+280 e 0+960. En ambos os casos acondicionarase e ampliarase a zona peonil, sinalizarase o refuxio e disporase de pavimentos que cumprirán as normativas vixentes de accesibilidade.

A intervención completarase con traballos adicionais de instalación dun prisma soterrado de telecomunicacións e iluminación, a mellora dos sistemas de drenaxe, a recolocación de contenedores de residuos, sistemas de contención, construción de muros ou reforzo da sinalización.

Cómpre lembrar que unha vez iniciado o trámite de información pública, coa publicación hoxe no DOG, o prazo para presentar alegacións será de 30 días hábiles contados a partir de mañá.

A previsión da Xunta é aprobar definitivamente o proxecto no outono para poder realizar a convocatoria dos actos de levantamento das actas previas das expropiacións e licitar as obras no primeiro trimestre de 2025. O prazo para acometer os traballos é de 8 meses.

O Goberno galego segue a traballar no impulso de actuacións que favorecen unha Galicia mellor conectada e máis vertebrada, mellorando as comunicacións nos municipios e favorecendo unha mobilidade máis cómoda, segura e sustentable.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23699 galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23699-xunta-somete-informacion-publica-proxecto-trazado-construcion-dunha-senda-na-estrada-autonomica-po-407-ao-paso-polo-concello-do-porrino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.