José López inaugura a Feira do Libro de Ferrol, a primeira dun circuíto que vai chegar a 13 cidades e vilas de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a "prioridade especial" que o Goberno galego lles dá ao libro e á lectura, que erixe como "vía de expansión" da identidade e da cultura
  • Pon en valor que estas citas serven para estar máis preto dos escritores e escritoras, e especialmente este ano da autora á quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta

Ferrol, 19 de abril de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou este mediodía a Feira do Libro de Ferrol, a primeira das citas deste ano nun circuíto que vai chegar a 13 cidades e vilas das catro provincias de Galicia.

"Esta vila merece un evento cultural coma este", aseverou o conselleiro, quen animou a toda veciñanza de Ferrol a participar desde hoxe e ata o 21 de abril nesta feira, onde avanzou que se poderá descubrir a oferta editorial que traerán libreiros e libreiras deste e doutros concellos, así como a participar nas máis de 30 actividades que se desenvolverán ao seu abeiro.

José López salientou a enorme satisfacción que lle supón que un dos primeiros actos como conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude sexa abrir estas citas coa lectura por toda a comunidade. Precisamente, fixo fincapé en que a Xunta lles dá unha "prioridade especial" ao libro e á lectura, "e queremos unha sociedade que encontre respostas nos distintos formatos nos que se nos presentan hoxe", afondou.

Expansión para a identidade a para a cultura

O titular de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor que o libro serve de "vía de expansión" para a nosa identidade e para a nosa cultura. "Probablemente sexa o primeiro referente do que somos, do que creamos, do que pensamos e do que sentimos", remarcou.

A Feira do Libro de Ferrol comeza en datas próximas á celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril). Neste senso, o conselleiro apuntou o feito de que se trata dunha "festa da lectura, do libro e da palabra" que anima a descubrir "facianas inacabables do pracer lector", ademais de que serve para estar un "pouco máis preto" dos escritores e escritoras. E, en concreto, indicou a oportunidade que supón para achegarse ou afondar na obra da creadora a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.

Finalmente, o conselleiro rematou a súa intervención cun recoñecemento especial para a pregoeira da Feira do Libro de Ferrol, a escritora Paula Merlán.

13 vilas e cidades en abril, maio, xullo e agosto

Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras a urbe departamental, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 27 abril ao 5 de maio; O Porriño, do 9 ao 12 de maio: e Lugo, do 13 ao 17 de maio.

Tamén haberá Feira do Libro na provincia de Ourense, do 5 ao 8 de xuño; en Redondela, do 13 ao 16 de xuño; Vigo, do 1 ao 7 de xullo; Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e Rianxo, do 14 ao 27 dese mesmo mes. En agosto, a Feira do libro estará tamén na Coruña, do 1 ao 10; Viveiro, do 12 ao 15; en Foz, do 16 ao 19; e en Monforte de Lemos, do 21 ao 24.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23697 galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23697-jose-lopez-inaugura-feira-do-libro-ferrol-primeira-dun-circuito-vai-chegar-13-cidades-e-vilas-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.