A Xunta licita por máis de 293.000 € a reparación de dúas obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313 ao paso polos concellos de Pontevedra e de Marín

  • Trátase de actuar no treito da PO-542 Ponte Bora-O Pino, á altura do quilómetro 0+850, en Pontevedra; e na PO-313, á altura do punto quilométrico, 5+900, no treito Pardavila-Broullón, en Marín
  • Esta actuación realÍzase no marco das inspeccións preventivas que leva a cabo a Xunta das obra de paso da rede autonómica co obxectivo de reforzar estas infraestruturas
  • A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación, establecendo como prazo ata o vindeiro 15 de maio para que as empresas poidan presentar ofertas
  • A previsión da Xunta é adxudicar as obras en xullo e comezar os traballos en agosto, cun prazo de execución de 4 meses

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou hoxe por importe de 293.311 euros os traballos de rehabilitación de dúas obras de drenaxe transversal nas estradas autonómicas PO-542 e PO-313, ao seu paso polos concellos de Pontevedra e de Marín, respectivamente.

Trátase de intervir no treito da PO-542 Ponte Bora-O Pino, á altura do quilómetro 0+850, no municipio de Pontevedra; e na PO-313, á altura do punto quilométrico, 5+900, no treito Pardavila-Broullón, no concello de Marín.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación destes traballos, que se impulsan no marco das inspeccións preventivas que leva a cabo a Xunta das obras de paso da rede autonómica, sendo o seu obxectivo o reforzo destas estruturas.

As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 15 de maio.

En concreto,  as actuacións que se realizarán na PO-542 baixo este contrato inclúen a limpeza e saneo da obra de drenaxe transversal existente, eliminando desprendementos e asegurando a súa estabilidade mediante reforzos, se fose necesario.

Posteriormente, execútase o reforzo interior de formigón na base da obra de drenaxe ata polo menos a metade da altura da obra de drenaxe transversal, a cal presenta danos derivados da corrosión na parte metálica lateral anexa a dita protección. Finalmente, executaranse aletas de formigón armado para as embocaduras en ambos os extremos da tubaxe.

No caso das actuación que se proxecta desenvolver na PO-313, estas comezarán pola limpeza e saneo da obra de drenaxe transversal existente, eliminando desprendementos de material derivados da corrosión. Estes traballos céntranse, fundamentalmente, na metade inferior do tubo, asegurando a súa estabilidade mediante a realización de reforzos, se fose necesario.

Tamén se procederá á reparación do tubo da obra de drenaxe transversal mediante encamisado interior e posterior recheo do espazo entre os tubos con inxección de formigón.

O obxectivo da Xunta é adxudicar estas obras no vindeiro mes de xullo para iniciar as obras en agosto. Os traballos contan cun prazo de execución de 4 meses.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23696 galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23696-xunta-licita-mais-293-000-reparacion-duas-obras-drenaxe-transversal-nas-estradas-po-542-e-po-313-ao-paso-polos-concellos-pontevedra-e-marin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.