A Xunta potencia a música actual en galego na I Edición do festival "Aquí tamén se fala"

Imagen del artículo A Xunta potencia a música actual en galego na I Edición do festival Aquí tamén se fala

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Terá lugar o 7 de xuño na Coruña e reunirá sobre un mesmo escenario artistas do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria
  • Enmárcase na iniciativa cultural homónima impulsada polo IES Plurilingüe Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a mocidade

A Coruña, 19 de abril de 2024

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación da I edición do festival Aquí tamén se fala, impulsado polo IES coruñés Rafael Dieste co apoio da Xunta, o Concello e a Deputación da Coruña, entre outros.

O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, "demostrándolle á mocidade que a lingua propia tamén é válida para os espazos de ocio e diversión, así como para a música de moda", destacou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

No acto de presentación, que acolleu o propio instituto coruñés, tamén participaron Soledad Agra,  responsable da área de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña; Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade do Concello da Coruña; Mateo Torres, director do centro; Nuno Pico e May, cantantes de Grande Amore e Leria, respectivamente, e alumnado e profesorado do centro.

Promover o uso do galego entre a mocidade

Este festival enmárcase na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.

Ademais, a iniciativa volveuse especialmente famosa ao involucrar os clubs deportivos galegos de referencia, como o Deportivo da Coruña, o Celta, o Obradoiro ou o Balonmán Cangas, entre moitos outros; así como a referentes da cultura nacional e internacional como o actor Viggo Mortensen ou os músicos James Rhodes e Amaia Romero.

Coa celebración do festival Aquí tamén se fala, esta iniciativa dinamizadora acada unha nova dimensión aberta a todos os públicos. Así, as persoas interesadas poderán asistir de balde ao evento, que terá lugar o 7 de xuño na Praza da Tolerancia da Coruña a partir das 17.00 h.

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23695 galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23695-xunta-potencia-musica-actual-galego-na-edicion-do-festival-aqui-tamen-se-fala https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.