A Xunta reforza a colaboración con Stellantis Vigo na aposta por unha FP innovadora e adaptada ao tecido produtivo e á demanda de talento profesional

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase de acordos para programas duais nas especialidades de Mecatrónica, Robótica Colaborativa e Vehículos Híbridos/Eléctricos
  • Os 37 alumnos beneficiados combinarán a formación académica e práctica na planta viguesa e no Centro Integrado CIFP Valentín Paz Andrade e Instituto IES Politécnico
  • Román Rodríguez agradece o compromiso desta firma pioneira da automoción "co modelo de éxito de prestixio, confianza e utilidade que é a FP galega"

Vigo, 19 de abril de 2024

A Xunta de Galicia reforza a súa aposta polo impulso dunha Formación Profesional innovadora e de calidade, adaptada ao tecido produtivo e á demanda de profesionais cualificados, a través da colaboración con Stellantis Vigo en materia de FP Dual que permitirán aos alumnos combinar a formación académica nos centros educativos coa formación práctica na factoría.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o director da factoría automobilística viguesa, Ignacio Bueno, asinaron esta mañá tres convenios para o impulso dos programas de FP Dual nas especialidades de Mecatrónica, Robótica Colaborativa e Vehículos Híbridos/Eléctricos, dos que se van beneficiar a partir do vindeiro curso 2024-25 un total de 37 alumnos do Centro Integrado de FP CIFP Valentín Paz Andrade e do Instituto IES Politécnico de Vigo.  

Ao abeiro destes acordos, no Centro Integrado de FP CIFP Valentín Paz impartirase a especialización en Mantemento e Seguridade en Sistemas de Vehículos Híbridos e Eléctricos, con 650 horas de formación compartida entre o centro educativo (o 65%) e empresa (o 35%). Para esta modalidade ofértanse un total de 14 prazas para o curso 2024-25, coa previsión de que a incorporación dos estudantes á factoría viguesa se realice a partir de febreiro de 2025.

No Instituto IES Politécnico de Vigo impartiranse os graos superiores de Mecatrónica e de Robótica Colaborativa, que se desenvolverán durante os curso 2024/25 e 2025/26, estando prevista a incorporación dos primeiros alumnos á empresa a partir de marzo de 2025.

No caso do grao de Robótica Colaborativa poderanse matricular ata 14 alumnos, que realizarán un total de 587 horas de formación, das cales o 53% será no centro e o 47% restante na empresa. No grao de Automatización e Robótica Industrial ofértanse nove prazas, con 2.229 horas de formación compartida entre o centro (o 60%) e a factoría Stellantis Vigo (o 40%).

En todos os casos, dadas as necesidades específicas do sector profesional, os graos teñen carácter plurilingüe, polo que os alumnos matriculados cursarán os módulos formativos en inglés establecidos no proxecto.

Aproveitamento de sinerxías

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, agradeceu a implicación e o compromiso de Stellantis Vigo coa Formación profesional galega, o que permite "afianzar un modelo de éxito que se caracteriza polo prestixio, a confianza e a utilidade". "Os convenios que acabamos de asinar van permitir o acceso dos alumnos ao entorno laboral dunha das maiores industrias de automoción do mundo", subliñou.  Así mesmo, puxo en valor a importancia de "aproveitar sinerxías" entre os axentes académicos, económicos, sociais e institucionais "para acadar unha Galicia máis competitiva e unha terra de futuro e de oportunidades para as xeracións máis novas".

O titular de Educación referiuse tamén á "revolución silenciosa" que leva experimentando a FP na última década, "unha opción que pasou de ser a única alternativa para moitos mozos a converterse na súa primeira opción formativa", así como "un seguro de futuro profesional", xa que, por exemplo, os ciclos duais acadan unha inserción laboral plena. Finalmente, Román Rodríguez reivindicou o traballo realizado polos centros educativos que, tanto no caso do Valentín Paz Andrade como no do Politécnico de Vigo "teñen demostrado con creces que lideran unha oferta innovadora, inclusiva, atenta ás transformacións sociais e con resultados académicos sobresaíntes".

O director de Stellantis Vigo, Ignacio Bueno, referiuse á traxectoria afianzada de colaboración coa formación de estudantes de FP desde 2007 que se reforzou a partir de 2020 coa acollida dos primeiros alumnos de FP Dual. "Estamos convencidos -dixo- de que a formación teórico-practica é fundamental para os estudantes antes de enfrontarse ao mercado laboral", e puxo o acento no compromiso para "impulsar a representación feminina nestas especialidades".

Por outra banda, no acto de hoxe, celebrado na planta olívica, fíxose efectiva a doazón por parte de Stellantis Vigo de 16 motores eléctricos á Xunta que se destinarán a outros tantos centros de FP da provincia de Pontevedra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23693 galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23693-xunta-reforza-colaboracion-stellantis-vigo-na-aposta-unha-fp-innovadora-e-adaptada-ao-tecido-produtivo-e-demanda-talento-profesional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.