Román Rodríguez anuncia que o alumnado do instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras aulas novas a partir do luns

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como "unha das catedrais educativas que temos en Galicia" cun investimento de 4,7M€
  • Felicita á dirección do centro, ao profesorado, ao alumnado e ás familias pola súa colaboración e apoio neste proceso, que se está desenvolvendo de xeito satisfactorio

Pontevedra, 19 de abril de 2024

O alumno do Instituto IES Valle-Inclán de Pontevedra poderá estrear as primeiras aulas novas a partir do vindeiro luns. Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, durante unha visita ao centro educativo para supervisar o desenvolvemento dos traballos.

Segundo explicou o titular de Educación do Goberno galego, trátase de nove aulas do terceiro andar do edificio que xa están totalmente rematadas no interior e tan só resta limpalas e colocar o mobiliario, polo que a partir do luns xa estarán en uso. Xunto con estas aulas, proxectadas para na fase 1 da rehabilitación integral do centro, tamén xa están operativos desde hai varias semanas o ximnasio e os vestiarios do semisoto.

Román Rodríguez subliñou que, pese a envergadura da obra e ás condicións climatolóxicas adversas deste inverno, estanse seguindo os tempos marcados no cronograma de planificación da mesma, xa que agora remata a primeira fase e comeza a segunda. Nesta próxima fase acometerase o remate outras nove aulas máis así como a retirada dos módulos exteriores, que está previsto que deixen de usarse en xuño.

Envergadura loxística e técnica

O conselleiro aproveitou para felicitar ao conxunto da comunidade educativa, entre os que destacou o equipo directivo do instituto, os docentes, o alumnado e as familias, pola súa implicación e apoio nesta obra que é a de maior envergadura a nivel técnico e loxístico que está a levar a cabo a Consellería. "Dá boa conta da súa magnitude as 326 ventás de 33 tipoloxías diferentes que hai que facer ah hoc, en madeira de castaño, co fin de realzar a tipoloxía orixinal deste edificio histórico singular que é unha catedral educativa", subliñou.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional inviste un total de 4,7M€ nesta rehabilitación integral da que é a maior obra que se está realizando nestes momentos nun centro educativo galego. A intervención arrancou a mediados de setembro do ano pasado e prevese que estea totalmente rematada a comezos de 2025.

Tras o remate da primeira fase, agora dará comezo a segunda fase, que suporá ir actuando na cuberta, no reforzo de forxados, falsos teitos, acabados interiores e iluminación doutras nove aulas, polo que quedarían outras nove aulas máis pendentes así como as zonas comúns.

Edificio de arquitectura ecléctica

Cómpre salientar que o Instituto IES Valle-Inclán está situado nun edificio histórico singular con características da arquitectura ecléctica de finais do XIX e elementos do Art Nouveau, que iniciou a súa construción en 1908. Desde entón foi obxecto de diferentes obras de reforma e reparación de distinta envergadura, realizándose a última gran intervención no ano 1972.

Agora entra nunha nova etapa coa obra de maior calado desde hai cinco décadas que inclúe a rehabilitación enerxética, estrutural e funcional deste instituto histórico, programada ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, e que redundará nun aforro de preto do 60% de enerxía no centro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23687 galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23687-roman-rodriguez-anuncia-alumnado-do-instituto-ies-valle-inclan-podera-estrear-as-primeiras-aulas-novas-partir-do-luns https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.