O conselleiro de Sanidade fixa como un dos retos do seu departamento conseguir un uso responsable e eficiente da intelixencia artificial en beneficio do paciente

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Segundo sinala o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, a intelixencia artificial é un apoio para os nosos profesionais sanitarios, e serán eles os que terán a última decisión na práctica clínica

A Coruña, 19 de abril de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, interveu hoxe na apertura do XXXIX Seminario de profesores universitarios de Radioloxía e Medicina Física, sobre Intelixencia artificial: aplicacións e impacto en docencia e investigación, acto no que estivo acompañado polo Reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao. Neste foro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego dixo que as organizacións sanitarias levamos tempo analizando os riscos e beneficios da intelixencia artificial. 

Especialmente no campo do diagnóstico por imaxe, o conselleiro dixo que xa existen solucións de intelixencia artificial que están a permitir mellorar os diagnósticos, facilitando a toma de decisións clínicas. O noso reto actual, -proseguiu o conselleiro-, é conseguir un uso sistémico, responsable e eficiente da intelixencia artificial en beneficio claro do paciente.

Ao respecto, Caamaño incidiu en que Sanidade traballa en varias liñas estratéxicas que reforcen eses obxectivos. Entre esas iniciativas, citou a elaboración, por parte da Xunta, da Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial. No ámbito específico da sanidade, esta iniciativa foi acompañada, -dixo o conselleiro-, da recente creación do Consello técnico asesor en intelixencia artificial e espazo de datos do sistema público de saúde de Galicia, destinado ao asesoramento dos órganos da Consellería de Sanidade e do Sergas no deseño e na proposta das políticas nesta materia.

Aposta clara

Para rematar a súa intervención, o máximo responsable do Sergas remarcou que a aposta do seu departamento polo uso intensivo da intelixencia artificial é clara, e os grandes proxectos do seu departamento reflicten importantes investimentos en sistemas de apoio aos profesionais e cidadáns, entre os que citou a nova historia clínica electrónica, o proxecto Xenoma Galicia, a dixitalización da anatomía patolóxica, o diagnóstico en rede, a telemonitorización de pacientes ou as canles de relación coa cidadanía.

Tamén concluíu resaltando que a intelixencia artificial é un apoio para os nosos profesionais sanitarios, que terán sempre a última decisión na práctica clínica.  

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23686 galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23686-conselleiro-sanidade-fixa-como-dos-retos-do-seu-departamento-conseguir-uso-responsable-e-eficiente-da-intelixencia-artificial-beneficio-do-paciente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.