A Xunta reitera ao Goberno as necesidades do sector agrogandeiro galego nun primeiro encontro bilateral da conselleira do Medio Rural co ministro

  • A conselleira trasladou as principais preocupacións dos agricultores e gandeiros galegos sobre asuntos como a necesidade de reducir a burocracia, adaptar a PAC á realidade da nosa comunidade e afondar na sanidade animal
  • Lembrou que Galicia é un referente polo magnífico status sanitario da súa cabana gandeira, que cómpre seguir reforzando en especial para loitar contra doenzas como a tuberculose, a lingua azul ou a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE)
  • Insistiu, na liña do sinalado polos seus colegas doutras comunidades, en demandar ao ministro Planas que escoite e teña en conta as autonomías nos seus plans para o campo español
  • Na Conferencia Sectorial abordouse a necesidade de que o Ministerio concrete canto antes o seu compromiso en materia de sanidade animal, con máis detalle na toma de decisións e máis fondos para as ccaa destinados a previr as enfermidades do gando

Madrid, 19 de abril de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, trasladou hoxe ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), Luis Planas, as principais necesidades e demandas de Galicia en relación co sector agrogandeiro. Foi nun encontro bilateral mantido na sede do Ministerio, en Madrid, previo á celebración da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural e do Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios.

Neste sentido, a titular de Medio Rural insistiu, na liña do sinalado polos seus colegas doutras comunidades e en coherencia co que vén reclamando Galicia, en demandar ao ministro Planas que escoite e teña en conta as autonomías nos seus plans para o campo español en xeral e, de maneira particular, en todo o relacionado coa necesaria flexibilización e adaptación da PAC.

Así, Galicia sigue reclamando unha maior e mellor interlocución entre o Estado e as ccaa en asuntos chave para o agro, como a aplicación do Plan Estratéxico nacional da PAC, a sanidade animal, a remuda xeracional ou os seguros agrarios.

Na xuntanza de traballo co ministro, a conselleira reiterou que as preocupacións dos agricultores e gandeiros galegos teñen que ver, en primeiro lugar, coa necesidade de reducir a burocracia, "que está a causar graves prexuízos -sobre todo económicos- nas explotacións", remarcou. Engadiu ademais que estas trabas veñen "impostas moitas veces dende o Ministerio ou dende Europa e por parte da Xunta de Galicia tentaremos reducilas na medida do posible".

Adaptación da PAC ás necesidades do agro galego

Outra cuestión relevante para a conselleira son os ecorréximes e a PAC, "igualmente deseñada dende Bruxelas e dende Madrid e que non se adapta ás necesidades do agro galego, como se puido comprobar na campaña anterior", reafirmou, e subliñou, neste sentido, que "é imprescindible facer as modificacións na súa aplicación canto antes", para non seguir prexudicando o sector.

Como terceiro asunto, María José Gómez puxo enriba da mesa a sanidade animal. Así, lembrou que "Galicia é un referente neste eido, grazas ao esforzo que levan facendo os nosos gandeiros dende hai moitos anos, pero hai que seguir avanzando nesa protección da cabana gandeira". Referiuse en concreto a "tres frontes" nos que convén reforzar o traballo.

En primeiro lugar, a erradicación da tuberculose, un esforzo no que a nosa comunidade "tamén é referente", aseverou. En segundo termo, a lingua azul, unha doenza na que a Xunta actúa mediante a vacinación, na que neste ano vai investir máis de 5 millóns de euros e, en terceiro lugar, a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), que tamén preocupa no sector, especialmente agora, co incremento das temperaturas. En relación con esta doenza, a conselleira insistiu en demandar que se redobren os esforzos en materia de investigación e na procura dunha vacina, homologada en Europa, para atallar esta enfermidade.

Precisamente, na Conferencia Sectorial abordouse a necesidade de que o Ministerio concrete canto antes o seu compromiso en materia de sanidade animal, con máis detalle na toma de decisións e máis fondos para as comunidades autónomas, en especial no que atinxe á prevención das enfermidades do gando.

Outro asunto no que Galicia insiste é na necesidade de rebaixar o IVE da carne e do peixe, como medida para favorecer o seu consumo e axudar a mellorar a rendibilidade do sector primario da nosa comunidade.

A conselleira destacou, en todo caso, que esta reunión co ministro enmárcase no contexto de lealdade institucional que mantén a Xunta de Galicia, e nesta liña ofreceu "man tendida" para procurar solucións aos problemas do sector. Trasladou que a postura do Goberno autonómico resúmese nas claves de "traballo, lealdade e honestidade", pero sempre dende a firme defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23685 galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23685-xunta-reitera-ao-goberno-as-necesidades-do-sector-agrogandeiro-galego-nun-primeiro-encontro-bilateral-da-conselleira-do-medio-rural-co-ministro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.