Galicia rexistra 28 días menos de demora que a media nacional no acceso ás primeiras consultas co especialista

  • O tempo medio de espera en Galicia sitúase nos 73 días, mentres que a media do Sistema Nacional de Saúde fica nos 101 días 
  • A porcentaxe de citas que superan os 60 días de espera é do 43,1% dos casos, un 13,2% menos que a media nacional, que se sitúa en 56,3%

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

O Servizo Galego de Saúde situouse, a peche do ano 2023, como o quinto sistema sanitario con mellores datos do Sistema Nacional de Saúde, no que atinxe á demora para acceder ás primeiras consulta co especialista.

Sobre este particular, o tempo medio de espera en Galicia sitúase nos 73 días, mentres que a media nacional ascende até os 101 días, xa que logo a poboación galega agardar unha media de 28 días en comparación co conxunto dos sistemas sanitarios autonómicos.

Ademais, a porcentaxe de citas que superan os 60 días de espera é do 43,1% na comunidade galega, un 13,2% menos que a media nacional, que se sitúa en 56,3%.

Segundo os datos do último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, o Sergas continúa a manterse un ano máis como un servizos sanitarios públicos que menor demora presenta, tanto no acceso a primeiras consultas, como no acceso a unha intervención cirúrxica. Así, neste último apartado Galicia posúe os terceiros mellores datos de España, ao contar cunha demora de 67 días para operarse, fronte aos 128 de media que rexistra a media nacional. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23684 galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23684-galicia-rexistra-28-dias-menos-demora-media-nacional-acceso-as-primeiras-consultas-co-especialista https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.