A Xunta salienta que ningún concello presentou a solicitude de declaración de zona tensionada e advirte das consecuencias negativas da medida para o mercado de alugueiro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Heriberto García lembra que a lei estatal de Vivenda achega máis incertezas que confianza ao mercado residencial, polo que o Goberno galego xa a recorreu ante o Constitucional 
  • A Xunta aposta por dar seguridade xurídica para que os propietarios oferten vivendas en alugueiro e os promotores impulsen desenvolvementos para este fin
  • Lembra que segundo a normativa estatal, os concellos deben avalar con documentos técnicos a solicitude de declaración de zona tensionada e ata agora non existen peticións que recollan a documentación preceptiva 
  • Apunta que esta medida só lle vai poñer tope aos prezos ás vivendas de grandes tenedores, que en Galicia representan menos do 4%, e ás que levan máis de 5 anos sen alugarse, polo que non vai incentivar que se poñan no mercado
  • Sinala que con esta iniciativa, os propietarios preferirán vender as vivendas, destinalas ao alugueiro turístico ou alugalas por cuartos, como acontece en cidades europeas con medidas similares

A Coruña, 18 de abril de 2024

A Xunta salienta que ningún concello presentou a solicitude de declaración de zona tensionada e advirte das consecuencias negativas desta medida para o mercado de alugueiro de vivendas.

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, participou esta tarde na mesa de debate Declaración de zonas tensionadas no marco do V Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias.

Heriberto García lembrou que a lei estatal trae máis incertezas que confianza ao mercado residencial, polo que o Goberno galego xa a recorreu ante o Constitucional.

Reiterou que a Xunta non aposta por este tipo de medidas impositivas, senón por dar seguridade xurídica para que os propietarios oferten as súas vivendas en alugueiro e os promotores impulsen novos desenvolvementos para destinalos a este fin.

Non obstante, ante a falta de claridade no procedemento establecido polo Goberno central, a Xunta detalla os pasos a seguir por parte dos concellos, que deben avalar con documentos e estudos técnicos a súa solicitude.

Insistiu en que ata o momento non se ten rexistrado ningunha solicitude por parte dos concellos coa correspondente achega da documentación preceptiva, tan só declaracións de intencións.

Referiuse aos aspectos negativos desta normativa, coa que os concellos deben planificar solucións para esas zonas tensionadas, destinar solo á construción de vivendas sociais ou dotacionais e acadar no prazo de 20 anos un parque mínimo de vivendas destinadas a políticas sociais do 20% dos fogares do municipio.

Apuntou que esta medida do Goberno central só lle vai poñer tope aos prezos ás vivendas de grandes tenedores, que en Galicia son menos do 4%, e ás que levan máis de 5 anos sen alugarse, polo que non vai incentivar que se poñan no mercado.

Advirte de que con esta iniciativa, os propietarios preferirán vender as vivendas, destinalas ao alugueiro turístico, alugalas por cuartos ou mantelas baleiras, como está acontecendo en cidades europeas que adoptaron medidas similares.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23679 {"title":"A Xunta salienta que ningún concello presentou a solicitude de declaración de zona tensionada e advirte das consecuencias negativas da medida para o mercado de alugueiro","published_date":"2024-04-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887167\/20240418_heriberto_inmobiliarias_014.jpg","id":"23679"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-18/23679-xunta-salienta-ningun-concello-presentou-solicitude-declaracion-zona-tensionada-e-advirte-das-consecuencias-negativas-da-medida-mercado-alugueiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.