Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia
  • Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade
  • Mostra o compromiso da Xunta de apoiar as iniciativas que creen emprego

Poio (Pontevedra), 18 de abril de 2024

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou hoxe o traballo dos emprendedores e empresarios xoves, que co seu labor contribúen ao crecemento económico de Galicia.

Fíxoo durante a XIII edición dos Premios Xove Empresario e Iniciativa de Galicia, nos que tres xoves emprendedores foron galardoados pola súa contribución na creación de emprego, polo proxecto innovador e por destacar en Responsabilidade Social Empresarial. Na gala, Alfonso Rueda manifestou a súa confianza polo futuro económico da comunidade, froito do que asegura que é un gran relevo xeracional.

Nesta liña, eloxiou aos galardoados e a toda a xente nova que se anima a emprender e a crear a súa propia empresa en Galicia. Para Rueda, é moi de encomiar a ilusión dos que se lanzan pola súa conta neste contexto de incerteza financeira.

O presidente do Goberno galego tamén quixo mostrar o compromiso do seu Executivo para apoiar toda iniciativa privada que cree emprego e busque o ben común dos cidadáns. Neste sentido, recordou que a Xunta de Galicia é a Administración autonómica que realizou un maior esforzo de investimento en políticas activas de emprego nos dous primeiros meses de 2024, con máis de 205 millóns de euros mobilizados.

Ademais, salientou as axudas do Goberno galego á area de emprendemento a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, que ten como obxectivo sumar un total de 15 Polos distribuídos por toda a xeografía galega.

Antes de rematar a súa intervención, Alfonso Rueda deu o parabén aos galardoados e animoulles a que o recoñecemento que recibían hoxe fose un aliciente para seguir traballando con ilusión por cumprir os seus soños, á vez que seguen  sendo un referente para o crecemento social e económico de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23678 {"title":"Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia","published_date":"2024-04-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887167\/240418_Pte_AJEPo_DCS-1.jpg","id":"23678"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-18/23678-rueda-destaca-labor-dos-empresarios-xoves-polo-crecemento-economico-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.