O Centro Superior de Hostalería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de 20 novos directivos hoteleiros de Arxentina

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país
  • É froito da colaboración emprendida entre Turismo de Galicia e esta Federación desde o ano 2018 para exportar os métodos formativos do CSHG

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2024

Un grupo de 20 directivos dalgunhas das principais cadeas hoteleiras de Arxentina están a recibir estes días formación específica no Centro Superior de Hostelería de Galicia, no marco da colaboración que Turismo de Galicia leva a cabo coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica da República Arxentina (FEHGRA) desde hai anos para a capacitación dos seus directivos.

Con estes 20, son xa máis dun centenar os profesionais arxentinos de alta dirección que leva formando o Centro Superior de Hostelería de Galicia desde o ano 2018 no seu compromiso por exportar e compartir o seu modelo formativo tamén no eido internacional. O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, e o director do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Jose Paz, recibiron os participantes xunto á responsable de capacitación do FEHGRA, Belén García Bertone.

Ata o venres 26, os profesionais de Río Negro, Neuquen, Entre Ríos, Salta, San Luis, Chaco, Formosa, Chubut, Tierra del Fuego, Buenos Aires, Córdoba, Santa Fe, Mendoza ou Misiones formaranse a cargo de profesorado do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

As actividades están orientadas a profesionais e xerentes de establecementos hoteleiros pertencentes a algunha das máis de 50 entidades asociadas a FEHGRA en todo o país. O curso está a combinar sesións teóricas con desenvolvementos prácticos, en exercicios individuais ou colectivos e actividades complementarias. Conta con módulos en explotación hoteleira, xestión financeira do negocio hoteleiro e xestión de recursos humanos no hotel. Tamén se incluiu, como novidade este ano, formación de Revenue Management e Optimización da Xestión de Alimentos e Bebidas en hotel.

A Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica da República Arxentina representa toda a actividade do país. O seu obxectivo é defender os intereses do sector e colaborar no desenvolvemento da hostelería, gastronomía e o turismo. A día de hoxe agrupa máis de 84.000 empresas.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23674 {"title":"O Centro Superior de Hostalería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de 20 novos directivos hoteleiros de Arxentina","published_date":"2024-04-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887167\/20240417+ReunionFehgra.JPG","id":"23674"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-18/23674-centro-superior-hostaleria-galicia-reforzase-como-formador-internacional-coa-capacitacion-20-novos-directivos-hoteleiros-arxentina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.