A Xunta e produtores traballan na optimización do cultivo da pataca de calidade, con formacións en Coristanco e Xinzo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá na apertura desta xornada no concello coruñés, enmarcada nas accións formativas organizadas pola Consellería do Medio Rural
  • O primeiro destes módulos tivo lugar onte no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia, mentres que o segundo está a celebrarse ao longo do día de hoxe no edificio multiusos da localidade coruñesa de Coristanco
  • Ambas as dúas charlas reuniron a máis de 80 produtores, a maioría inscritos na IXP Pataca de Galicia, para formarse na produción deste tubérculo e sobre o regulamento técnico de certificación da pataca de semente

Coristanco (A Coruña), 18 de abril de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá na apertura da xornada sobre a optimización do cultivo da pataca de calidade, pertencente á Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, que conta con 90 produtores e 12 industrias inscritas. Esta acción formativa forma parte de dúas xornadas organizadas pola Axencia co fin de formar agricultores.

O primeiro destes módulos tivo lugar onte no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia, mentres que o segundo está a celebrarse ao longo do día de hoxe no edificio multiusos da localidade coruñesa de Coristanco e, en total, contaron coa participación de máis de 80 produtores, a maioría inscritos na IXP Pataca de Galicia.

Ambas as dúas charlas dividíronse en horario de mañá e tarde abordar os dous bloques formativos cos que conta o módulo, vinculados á produción de pataca e ao regulamento técnico de certificación da pataca de semente. O primeiro versa sobre as posibles dificultades que poden xurdir no momento de cultivar este tubérculo e permitiralle aos asistentes coñecer nocións básicas sobre a calidade fitosanitaria das sementes ou o seu correcto manexo e conservación, entre outras.

O segundo bloque está centrado nos requisitos sanitarios aplicados a este cultivo e nos parámetros de calidade que debe cumprir. O curso rematará cunha mesa coloquio moderada polo presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez.

Durante a súa intervención, o director puxo de relevo a importancia deste tipo de xornadas, organizadas co obxectivo de formar aos agricultores para que poidan mellorar a rendibilidade das súas explotacións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23671 galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-18/23671-xunta-e-produtores-traballan-na-optimizacion-do-cultivo-da-pataca-calidade-formacions-coristanco-e-xinzo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.